O CONSELLO POLÍTICO NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA APROBOU ESTE SÁBADO OS DOCUMENTOS PARA A XI ASEMBLEA NACIONAL

Ábrese a partir de agora un proceso de debate dos documentos nas asembleas de base que culminará coa celebración da XI Asemblea Nacional de Esquerda Unida.
 
En coherencia coa liña política de Esquerda Unida de apertura ao conxunto da sociedade, á XI Asemblea acudirán como invitados representantes de máis de trinta organizacións sociais.
Os documentos aprobados polo Consello Político Nacional serán debatidos nas asembleas comarcais e locais de xeito que toda a afiliación poida participar na elaboración dos documentos que marcarán a vida política da organización.
Ademáis de debatir e enmendar os documentos, nas asembleas de base serán elixidos os 274 delegados que participarán na XI Asemblea Nacional.
Estes delegados terán a tarefa de aprobar, despóis de ser debatidos, os documentos político, organizativo, económico e estatutario. Ademáis, elixirán ao novo Consello Político Nacional, máximo órgano entre asembleas, nun momento da máxima cohesión e unidade interna da organización.
O Consello Político Nacional valorou tamén moi positivamente o traballo dos nosos parlamentarios no grupo de AGE, Ferramenta útil, aínda que non a única para dende a nosa organización axudar á clase traballadora a enfrontar as agresións, cada día máis fortes, do capital.XIasembleanacional
Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s