Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda consideran unha insensatez a infrautilización do comedor escolar no CEIP Ramiro Sabell, dada a alta demanda e necesidade deste servizo.
No CEIP Bouza Brey puideron constatar o abandono das instalacións e a pertinencia das vellas reivindicacións da ANPA e o resto da Comunidade Educativa.

Este venres dous parlamentarios de AGE, Xabier Ron e Ramón Vázquez visitaron os centros de infantil e primaria Ramiro Sabell e Bouza Brey, para interesarse polas problemáticas máis acuciantes de ambos centros, reuníndonse con directores e directivas das ANPAS.
Comprometéronse a dar traslado ao Parlamento de Galicia de propostas encamiñadas a solucionar cabalmente as problemáticas presentadas.