ESQUERDA UNIDA DE PONTEAREAS PRESENTOU UNHA MOCIÓN POLA APERTURA DOS COMEDORES ESCOLARES NO VERÁN

O curso escolar, nos seus niveis obrigatorios, remata o dia 20 de xuño e moitas familias galegas non saben como garantir unha axeitada alimentación para os seus fillos e fillas nos dous meses non lectivos, diante da grave situación socioeconómica pola que están a atravesar.

Ante esta situación, o Grupo Parlamentario de AGE, presentou no pleno do Parlamento de Galicia do pasado 11 de xuño unha PNL de cara a apertura dos comedores escolares no verán, que despóis do seu debate, foi aprobada como segue: «O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a levar a cabo as medidas necesarias para evitar que ningún neno ou nena careza de alimentación ou sustento necesario por estaren as súas familias en situación de vulnerabilidade, poñéndose en marcha convenios”.

Por outra banda, o Pleno de Ponteareas acordou na sesión ordinaria do 19 de novembro de 2013, unha moción presentada polo Consello Escolar Municipal para que o Concello asuma “o servizo de comedor para atender a todo o alumnado que pola situación económica familiar esté en grave risco de exclusión social”.

Por isto, Esquerda Unida de Ponteareas presentou unha moción ao Pleno Municipal para que o Concello garanta que ningunha nena ou neno pase por necesidades alimenticias durante o verán.

Na moción presentada, Esquerda Unida insta ao Pleno Municipal a adoptar os seguintes acordos:

  1. O Pleno do Concello de Ponteareas insta ao Goberno da Xunta de Galicia a poñer en marcha os mecanismos necesarios para ofrecer o servizo de comedor durante as vacacións nos centros educativos precisos no Concello de Ponteareas e dar así cumprimento ó acordo plenario unanime acadado no Parlamento de Galicia.

  2. O Concello manterá a axuda alimentaria aprobada polo Pleno Municipal en novembro de 2013, para o alumnado en risco de exclusión social, tamén no período vacacional.

  3. Os Servizos Sociais do Concello estudarán caso por caso as situacións e proveer, no caso de ser necesario, desta axuda a domicilio.

  4. O Concello publicitará esta axuda de xeito que todos os que a poidan necesitar teñan coñecimento dela.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s