Izquierda Unida intensificará a campaña que emprendeu a nivel estatal, e que trasladará tamén á rúa ademais de desenvolvela sobre todo nas institucións locais onde ten representación, para esixir que os comedores escolares permanezan abertos ata o inicio do próximo curso para responder así á demanda das familias que teñen dificultades económicas para atender a alimentación dos máis pequenos e pequenas con regularidade.
O coordinador federal de IU, Cayo Lara, anunciouno hoxe en rolda de prensa, na que especificou que esta iniciativa se centrará nos concellos por ser a institución máis próxima á cidadanía e a que mellor pode atender ás súas necesidades fundamentais. Da mesma forma, denunciou que aquelas comunidades autónomas onde se deu portazo á apertura destes comedores en verán, principalmente gobernadas polo PP, faise debido á “falta de vontade política” para abordar este tipo de cuestións, malia que con iso se condena moitos escolares á malnutrición.
Lara advertiu de que o peche de comedores supón un “drama para moita xente”, como acontece no País Valencià, en Castela e León ou en Madrid, onde os seus responsables políticos decidiron non abordar a fondo este problema alegando que dá unha “visibilidade negativa” das necesidades reais dos nenos e nenas e que facelo supoñería unha decisión “discriminatoria”.
Izquierda Unida leva dende que rematou o pasado curso escolar presentando mocións nos concellos para solicitar o apoio doutras formacións políticas sobre esta cuestión.
En comunidades como Aragón, Murcia, Extremadura ou Canarias, con gobernos de diferente signo político, si permanecen abertos os comedores, o que demostra que ese argumento da ‘discriminación’ é “hipócrita”, segundo sinalou Cayo Lara, e só leva noutros sitios a que as familias dos escolares que se quedan sen comedor teñan que acudir a Cáritas ou aos bancos de alimentos como contrapartida.
O coordinador federal de IU recordou que os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) revelan que o 31,9% dos menores de 16 anos teñen problemas para alimentarse porque están en situación de pobreza, o que supón “un problema engadido” de manterse o peche dos comedores escolares en verán.
Ademais de reclamar a apertura dos comedores, IU esixe mantéñase o servizo de axuda a domicilio e déase continuidade aos centros de mulleres, por entender que “ten relación íntima coa atención dos nenos”. Para todo iso, Lara insistiu en que é “necesario” que os concellos conten cun financiamento suficiente para facer fronte esta situación no seu conxunto.