ESQUERDA UNIDA CONSTATA OS INCUMPRIMENTOS NA XESTIÓN DO CD ÁLVARO PINO

ESQUERDA UNIDA rexistrou unha proposta no Concello de Ponteareas na que insta ao Alcalde a realizar un informe técnico sobre a xestión do Complexo Deportivo Álvaro Pino.

O 1 de agosto de 2011 foi formalizado o contrato de concesión e cesión da explotación do servizo público do complexo deportivo municipal Álvaro Pino do Concello de Ponteareas coa empresa Insdega XXI S.L. Un contrato de 15 anos de duración coa posibilidade de prorrogalo 10 anos máis.

Este contrato está suxeito aos pregos de cláusulas administrativas e técnicas que contemplan, entre outras cousas, a obriga do concello a facerse cargo do 25% dos custes da enerxía eléctrica, o que supón un gasto para o concello duns 20.000€ anuais, e asumir os recibos de auga e lixo.

Por outra banda, establece a obriga da empresa concesionaria de facerse cargo do mantemento e limpeza das instalacións, das reformas menores e unha inversión mínima no primeiro ano do contrato de 185.000€.

A maiores na oferta da empresa, segundo a que esta obtivo a puntuación necesaria para facerse coa concesión, contemplábanse unha serie de inversións por valor de 451.065,62€, IVE incluído, de acordo a un calendario establecido pola propia empresa. Estas inversións consistían en : construción de spa ou zona wellness, adecuación da piscina pequena, electrólise salina, piscina exterior, nova sala de actividades, división da actual sala, nova aula en pavillón, equipos salter para a 3ª idade, sistema de renovación de aire, adecuación de dúas salas como vestiarios e sala de servizos complementarios, equipamento de enfermería, reformas no pavillón, reformas na piscina, aplicación da auditoría enerxética e pista de pádel.

ESQUERDA UNIDA considera que a empresa concesionaria pode non estar cumprindo con todas as obrigas contempladas nos pregos. A agrupación puido constatar por exemplo, a falta de mantemento da pista do pavillón anexo á piscina, e entenden ademais que non todas as obras contempladas como “outra inversión” foron realizadas de acordo ao calendario proposto pola propia empresa. Ou directamente non foron feitas.

ESQUERDA UNIDA entende que é unha obriga do concello velar polo cumprimento do contrato por parte da empresa concesionaria e aplicar -de darse o caso- as pertinentes sancións, feitos polos que propuxeron ao Alcalde de Ponteareas facer un informe sobre o cumprimento do contrato e dar conta do mesmo aos Grupos da Corporación Municipal.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s