• Arquivo

  • Categorías

  • Secións

  • Panel de control

  • Estatísticas

    • 17.009 Visitas

ESQUERDA UNIDA PONTEAREAS PROPÓN A COLABORACIÓN ENTRE OS CONCELLOS DAS COMARCAS DO CONDADO E DA PARADANTA

A actual crise provocada pola pandemia do COVID-19 está a poñer a proba a capacidade de resposta dos concellos ante as dificultades económicas e sociais polas que atravesan as súas veciñanzas nestes momentos. Ademais, hai que ter en conta que a realidade dos distintos municipios é moi diversa, tanto en capacidade económica e de recursos como na situación social. A estas alturas da crise, xa todos os concellos son conscientes das súa capacidade real de resposta ante as necesidades e das carencias materiais, de persoal e de medios en xeral que dificultan a súa xestión.

Neste contexto, o Concello de Ponteareas ten unha especial relación coas localidades da súa contorna, tanto a nosa propia Comarca do Condado como coa limítrofe da Paradanta. Deste grupo de municipios, o de Ponteareas é o que ten máis habitantes e capacidade económica e ao mesmo tempo é o que ten unha poboación menos envellecida.

Se algo nos está a ensinar a crise provocada pola pandemia do COVID-19, é a importancia das respostas colectivas ante novos retos. Por iso queremos propoñer ao alcalde de Ponteareas que promova unha reunión cos alcaldes dos concellos do Condado e da Paradanta co obxectivo de poñer en común as súas respectivas realidades para poder explorar as posibilidades de  colaboración e de respostas conxuntas co obxectivo de que ningunha persoa quede desatendida. Unha colaboración neste sentido podería aliviar a carga aos distintos municipios da contorna ao mesmo tempo que serviría de exemplo de traballo solidario, polo que agardamos que o alcalde e o goberno local de Ponteareas teña a ben acoller esta iniciativa.

cropped-portadafb-2.png

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: