• Arquivo

  • Categorías

  • Secións

  • Panel de control

  • Estatísticas

    • 17.010 Visitas

ESQUERDA UNIDA PROPÓN A CREACIÓN DE UNHA OFICINA ÚNICA DE INFORMACIÓN DE TODO O RELACIONADO COA CRISE DO COVID 19

 

Dende o comezo da crise provocada pola pandemia da COVID- 19, dende as distintas administracións, tanto do estado como autonómica e local, estanse a tomar diversas medidas para dar resposta a esta situación. Isto está a xerar unha cantidade inxente de leis, ordes, interpretacións, recomendacións, subvencións e demais normativa. Isto fai que por parte da cidadanía sexa particularmente difícil facer un seguimento actualizado da realidade normativa na que nos atopamos. Sendo os concellos as administracións máis achegadas á veciñanza corresponderíalle a estes resolver as dúbidas que vaian aparecendo e garantir con iso que toda a cidadanía acceda aos dereitos que lle corresponden.

Dende Esquerda Unida Ponteareas propoñemos ao Concello de Ponteareas a creación dunha oficina única de información con respecto a todo o relacionado coa crise da COVID- 19 á que a veciñanza de Ponteareas poda recorrer para aclarar as súas dúbidas. Isto serviría tanto para facilitar a vida da veciñanza como para axudar a que se cumpran as normas  por parte da mesma.

 

question-mark-1872634_1920

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: