• Arquivo

  • Categorías

  • Secións

  • Panel de control

  • Estatísticas

    • 17.010 Visitas

BNG e PSOE de Ponteareas optan pola xestión privada dun servizo público esencial

O Goberno Municipal de Ponteareas non oculta a súa predilección pola xestión privada dos servizos públicos. Como se evidencia no decreto de Alcaldía número 2020-2030 do 28 de xullo, mediante a que se adxudica a “asistencia técnica para preparar documentación técnica necesaria para licitar o servizo de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas”. Esta resolución alude expresamente á licitación do servizo, mostrando que a intención do Goberno é volver a contratar a xestión da auga cunha empresa privada.

É posible adxudicar o servizo a unha empresa pública, medida que Esquerda Unida Ponteareas apoia. Sen embargo, posto que unha licitación significa “Ofrecer para adxudicar mediante concurso”, preparando a licitación o Goberno mostra a súa intención de contratar o servizo cunha empresa privada, dándolle a posibilidade de participar no concurso público.

Por outra parte, se a pretensión do BNG e PSOE fose remunicipalizar este servizo, a memoria debería contar cos seguintes apartados: xustificación de que a forma de xestión escollida é máis sostible i eficiente e xustificación de que a iniciativa non xera risco. Pola contra, a composición do traballo contratado mostra claramente que o Goberno Municipal non ten intención de remunicipalizar a xestión da auga, xa que en ningunha parte deste traballo se menciona a posibilidade de crear unha empresa pública. Este contrato comprende a realización dos seguintes traballos: a) Anteproxecto de explotación composto por: Memoria, Estudo de viabilidade da concesión, Memoria xustificativa de prezos e Proposta de estrutura de custes da actividade; b) Xustificación da sostibilidade financeira do contrato, no seu caso; c) Cadro de características do contrato; d) Borrador de Prego Administrativo; e) Prego técnico; f) Regulamento do Servizo.

Desde Esquerda Unida defendemos que a auga é un ben público esencial, que non debe estar suxeito a intereses comerciais. Para poder remunicipalizar a xestión dos servizos da auga o Concello debe xustificar documentalmente que a xestión pública é máis sostible, eficiente e segura. Por este motivo, en decembro de 2018, presentamos no Pleno de Ponteareas unha iniciativa encamiñada a recuperar a xestión pública da auga.  Naquel momento, a iniciativa aprobouse por unanimidade, todos os grupos da Corporación Municipal apoiaron a moción. Non obstante, durante máis de 18 meses o BNG e o PSOE non tomaron ningunha decisión encamiñada a acadar esta medida positiva para o municipio.

O Goberno Municipal, supostamente de esquerdas, apoia o saqueo dos bens públicos e dos petos da clase traballadora por parte dunha empresa transnacionais privada. Tanto o BNG como o PSOE de Ponteareas, pondo o poder político ao servizo dos grandes capitais, demostran que non son máis que simples xestores da explotación do capital sobre a clase traballadora e o medio ambiente; por esa liña sempre se atoparán con Esquerda Unida en fronte.

Auga 3

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: