• Arquivo

  • Categorías

  • Secións

  • Panel de control

  • Estatísticas

    • 17.008 Visitas

ESQUERDA UNIDA DESMINTE QUE CONVOCARA Á VECIÑANZA AFECTADA POLA PLANTA DE BIOMASA

Logo da nova publicada nun medio de prensa onde se atribúe a EU a convocatoria dunha asemblea da veciñanza das Rúas Vidales Tomé, Santa Ana e Oriente, Esquerda Unida de Ponteareas afirma que en ningún caso foi a promotora deste evento.  A participación nas mobilizacións veciñais é o normal e debe ser unha constante en EU, pero o  feito de que algún membro desta organización participara en dita asemblea coma unha persoa máis, non quere dicir que esta organización sexa a promotora.

Por outra banda, dende EU tamén queremos indicar que ao contrario do que se mal informa na nova, o proxecto que se está a executar non é o mesmo que o aprobado no ano 2017, se non que é outro aprobado polo Pleno en maio de 2019, de menor envergadura e ao que tamén se votou a favor por parte de esta organización. Parece oportuno o rigor informativo.

Esquerda Unida lembra, por outra parte, que esta obra non supón un incremento das emisións de CO2, ao substituír o consumo de combustibles fósiles, que xa se estaba a facer,  polo consumo de biomasa.

Independentemente destas consideracións e atendendo ás inquietudes veciñais, EU insta ao Concello a que escoite á veciñanza e considere a localización da planta noutro lugar onde non supoña unha redución do espazo dos terreos da residencia de maiores.

En Ponteareas, 4 de setembro de 2020.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: