• Arquivo

  • Categorías

  • Secións

  • Panel de control

  • Estatísticas

    • 17.010 Visitas

ESQUERDA UNIDA DE PONTEAREAS RECLAMA QUE SE GARANTA A ACCESIBILIDADE UNIVERSAL NA PRAIA DA FREIXA

A agrupación local de EU ven de enviar un escrito a todos os partidos da corporación municipal para que fagan cumprir a lei 10/2014, de accesibilidade de Galicia, nas obras promovidas polo concello.

No Pleno Municipal do 20 de marzo de 2018 aprobouse o “proxecto de execución de acondicionamento de construción, recuperación e posta en valor da Praia Fluvial de A Freixa”, este proxecto non garante o acceso universal a un parque público, contravindo a lexislación sobre accesibilidade. Neste pleno o concelleiro de EU abstívose na votación deste proxecto, debido a que a documentación non foi enviada con tempo suficiente para poder analizala adecuadamente.

A lei 10/2014 de accesibilidade de Galicia, que constitúe un texto integrador para desenvolver a diversidade de disposicións sobre accesibilidade, ten como obxectivos acadar unha sociedade inclusiva e accesible que garanta a autonomía das persoas, evite a discriminación e favoreza a igualdade de oportunidades para toda a cidadanía, especialmente para as persoas que teñen discapacidades. Esta lei establece as bases para a supresión de barreiras na edificación, nos espazos urbanos, no transporte e na comunicación, e para a promoción da accesibilidade e a mellora da calidade de vida e a autonomía das persoas con discapacidade e mobilidade reducida.

Tras a demanda dun veciño, consistente en adecuar o entorno da praia da Freixa co obxecto de garantir a accesibilidade universal neste espazo público, estudamos o proxecto aprobado, observando con sorpresa que o proxecto non cumpre a normativa obrigatoria relativa á accesibilidade. Entre outros aspectos, non se habilitan itinerarios accesibles, aseos adaptados nin prazas de aparcamento accesibles.

Ante esta situación de vulneración dos dereitos das persoas con discapacidade e tras as consultas pertinentes a asociación ADAPTA, EU Ponteareas enviou un escrito aos partidos con representación na corporación municipal para solicitar que o Pleno Municipal de Ponteareas aprobe as seguintes medidas:

  1. Revisión do “proxecto de execución de acondicionamento de construción, recuperación e posta en valor da Praia Fluvial de A Freixa”, para a súa adaptación á normativa vixente en materia de accesibilidade.
  2. Que este proxecto contemple a habilitación dun itinerario accesible que enlace ambas as marxes do río no entorno da praia da Freixa.
  3. Que se publicite o proxecto modificado, así como todas as obras promovidas polo ente local, para que as asociacións e persoas interesadas poidan supervisar e aportar melloras a estes proxectos. A tal efecto demandamos que se desenvolva o regulamento de participación promovido por EU na pasada lexislatura.
  4. Que se realice un estudo para habilitar un itinerario accesible desde o casco urbano de Ponteareas ata a praia da Freixa, considerando a posibilidade de utilizar este itinerario para dar servizo a parroquia de Bugarín. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: