• Arquivo

  • Categorías

  • Secións

  • Panel de control

  • Estatísticas

    • 17.008 Visitas

COMUNICADO DE ESQUERDA UNIDA DE PONTEAREAS CON RESPECTO Á REDE DE CALOR

  • Denunciamos o alarmismo creado a partires da construción da caldeira de biomasa. Non é certo que supoña un risco a maiores para a saúde da veciñanza. Agora mesmo xa se están a emitir gases no casco urbano pola queima de combustibles fósiles dedicados á calefacción. O que se pretende coa rede de calor é precisamente reducir a produción de gases. Lembremos que na propia residencia de maiores existe actualmente unha caldeira de gasóleo. O mesmo sucede no Centro Social, na Casa do Concello e na Escola Infantil Municipal. Todas estas caldeiras serán eliminadas nesta primeira fase da rede de calor. Consideramos lamentable a actitude dalgún partido político, que coa única intención de sacar proveito electoral, crea unha alarma inxustificada entre a poboación.
  • Denunciamos a falta de transparencia do concello e a falta de participación da veciñanza. Estamos seguros de que esta situación non se daría se dende o concello se explicara á veciñanza o que se pretendía facer na zona tal e como se fixo con outras obras. Ademais debería darse a oportunidade á cidadanía de que puidera presentar as súas consideracións. Queda bastante claro que goberno municipal soamente utiliza a participación e información pública na medida en que lle serve para facer propaganda. Se non fose así, non estaría metido nun caixón dende 2017 o Regulamento de Participación Veciñal que presentou Esquerda Unida no Concello. Polo tanto podemos dicir que neste momento o goberno municipal está a pagar o prezo da súa propia política escurantista.
  • Propoñemos suspender a construción da obra para informar á veciñanza e contemplar a posibilidade de cambiar o proxecto sempre e cando non se perda a subvención. O concello, en atención á mobilización popular debería atender ás inquedanzas dos veciños e non continuar coa obra mentres non se aclare a cuestión. En todo caso queremos deixar claro que pomos por diante que se constrúa a rede de calor.
  • Esquerda Unida votou favorablemente a este proxecto no 2019. É certo que o tempo para analizar a obra non foi o suficiente. Como era habitual dende a alcaldía se facían chegar os proxectos con moi pouco tempo de antelación para poder estudalos. Isto levounos a que no seu momento non fomos conscientes da redución do espazo na residencia de maiores que esta obra trae adherida. Este sería o principal inconveniente da rede de calor. Por iso consideramos que o concello debería formularse a posibilidade de cambiala de lugar, mais non por un suposto prexuízo da calidade ambiental do aire no casco urbano.
  • Os servizos eliminados deben ser repostos.  Tendo en conta que foi eliminado o parque biosaudable da residencia dos maiores, este debe ser reposto.
  • Os recursos para alimentar a caldeira debe ser mediante acordo coas comunidades de montes  da comarca. Deberíase contemplar tamén acordos con empresas privadas que xeren residuos susceptibles de queimar na caldeira. Defendemos a utilización de restos forestais para a utilización como biomasa, pero non a utilización masiva da mesma xa que isto levaría consigo a degradación dos montes.
  • Deberán realizarse medicións continuas de emisión de gases e ruídos. Aínda que estamos convencidas de  que a caldeira de biomasa non suporá de ningunha maneira un aumento dos gases nin dos ruídos no entorno, consideramos necesario realizar medicións periódicas de gases e ruídos para manter á veciñanza informada.
  • Crear un protocolo de transporte para o abastecemento da caldeira e a retirada de residuos. Buscando deste xeito minimizar as posibles molestias á veciñanza.
  • A xestión da caldeira deberá ser pública. En ningún caso a rede de calor debe ser unha escusa para poñer os recursos públicos ao servizo do lucro privado. Se o concello necesita novo persoal para xestionar a rede, que o contrate. Sabemos que a intención do alcalde con respecto ao primeiro proxecto de rede de calor era darlle a xestión a unha empresa privada. Isto é inadmisible para EU.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: