• Arquivo

  • Categorías

  • Secións

  • Panel de control

  • Estatísticas

    • 17.008 Visitas

ESQUERDA UNIDA LAMENTA A PRÓRROGA DO CONTRATO DE VIAQUA

O ALCALDE MINTE CANDO DI QUE NON TEÑEN DECIDIDO O FUTURO DA XESTIÓN DA AUGA

No pasado pleno do 1 de outubro o goberno de Ponteareas composto por BNG e PSOE, acordou prorrogar o contrato da actual empresa concesionaria do ciclo da auga Viaqua. Segundo o alcalde, isto faise porque a día de hoxe o Concello aínda non dispón da documentación que foi retirada polo xulgado no marco do caso Patos , o que impide facer os trámites necesarios para resolver o fin do contrato e decidir o “futuro da xestión”. 

O certo é que “o futuro da xestión” xa o teñen decidido BNG e PSOE, xa que o pasado agosto contrataron por 18.000 euros a unha empresa para redactar os pregos do novo contrato. É dicir, que xa teñen decidido seguir privatizando o servizo por moito que tenten dar a entender outra cousa. De aí ven a negativa do alcalde a responder aos requirimentos da oposición cando lle lembraban que no ano 2018 se acordou iniciar o proceso de remunicipalización da xestión da auga.

Esquerda Unida considera necesario lembrar que dende que se aprobou a proposta levada a pleno por esta organización no ano 2018,  para que se puidera comezar a tempo o cambio da xestión privatizada á xestión directa, o goberno de Ponteareas non fixo absolutamente nada ao respecto, indubidablemente coa clara intención de non cumprir o acordo plenario. Para EU, a xestión do BNG e do PSOE en pouco ou nada se diferencia da do PP cando se trata de asuntos de calado.

Esquerda Unida ten claro que dende o goberno municipal pretenden seguir enganando á veciñanza sobre as súas verdadeiras intencións ata que xa estean os feitos consumados. BNG e PSOE apostan pola privatización como bos servidores da banca e das grandes empresas que son.  Soamente coa presión veciñal se poderá cambiar o rumbo que xa ten tomado este goberno municipal. De todas nos depende que unha multinacional se siga a lucrar co que é dos veciñas e veciños ou que a xestión do ciclo da auga sexa levada directamente polo concello. Por Esquerda Unida non vai a quedar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: