• Arquivo

  • Categorías

  • Secións

  • Panel de control

  • Estatísticas

    • 17.008 Visitas

ESQUERDA UNIDA SOLICITA AO ALCALDE DE PONTEAREAS QUE SE IMPLIQUE COAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DE MADERAS IGLESIAS

As cento corenta persoas que traballan na empresa Maderas Iglesias atópanse nunha grave situación polo perigo do peche da súa empresa. Esta situación é resultado da débeda que arrastra dende o estoupido da crise económica do 2008. Ademais, dende vai anos están a ver como o persoal da empresa é cada vez menor, pasando de ser oitocentas traballadoras e traballadores a soamente cento corenta na actualidade. Dende entón o persoal está mobilizándose na defensa dos seus postos de traballo. Dentro destas mobilizacións, reuníronse o pasado 14 de setembro coa alcaldesa do Porriño para pedirlle a intermediación e formar unha fronte común entre todos os concellos nos que residen as traballadoras e traballadores da empresa. Entre estes concellos atópase Ponteareas. A día de hoxe soamente contestaron á proposta feita polo goberno do Porriño, os concellos de Salceda de Caselas e Mondariz. Chámanos atención que o goberno ponteareá non ofreza resposta a esta solicitude, xa na plantilla de Maderas Iglesias atópanse 23 persoas que residen na nosa vila.  

Esquerda Unida Ponteareas entende que o goberno de Ponteareas debería estar á altura e facer o posible para defender os postos de traballo da nosa veciñanza.

Por todo isto, dende Esquerda Unida Ponteareas instamos a Xosé Represas e ao goberno local a unirse á fronte común co concello do Porriño para reclamar á Xunta a máxima implicación na resolución do conflito e garantir que as traballadores e os traballadores poidan manter o seu medio de vida. Isto faise máis relevante porque estamos a falar dunha empresa que neste momento conta con suficiente carga de traballo para poder seguir adiante e o único que a fai perigar son as débedas coa banca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: