EVA SOLLA VALORA OS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA PONTEAREAS

A Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, acompañada do Coordinador Local de EU en Ponteareas, Lino Costas, valorou esta tarde en Ponteareas os orzamentos da Xunta de Galicia con respecto ao Concello de Ponteareas.

Eva Solla fixo un repaso ás demandas que se veñen realizando dende fai tempo para Pontareas, que Esquerda Unida leva reclamando dende fai anos e que seguen sen ter resposta por parte da Xunta.

Entre as necesidades mencionadas pola Coordinadora Nacional, atópase a situación dos centros educativos do concello, en particular CEIP Fermín Bouza Brei, centro para o que a comunidade educativa leva anos reclamando melloras nas instalacións para resolver os distintos problemas de falta de eficiencia enerxética, humidades e accesibilidade e que a día de hoxe seguen sen ser atendidas. O propio Pleno Municipal aprobou en varias ocasións mocións solicitando á Xunta de Galicia melloras nestes centros sen que se obtivera resposta por parte da Xunta de Galicia.

Cabe tamén mencionar a falta de partida para saneamento no Concello. En particular Eva Solla mencionou a situación da parroquia de Ribadetea, na que a veciñanza leva anos mobilizándose para acadar a instalación da rede de saneamento. Neste sentido, no ano 2019 Eva Solla e Marcos Cal visitaron a parroquia de Ribadetea como deputados do Parlamento de Galicia  para coñecer as demandas da veciñanza en materia de saneamento, froito do cal presentaron alegacións aos orzamentos da Xunta de Galicia que non foron atendidas polo PP.

A maiores mencionou tamén, entre outras cuestións, a falta de investimento no Centro de Saúde de Ponteareas, un centro de saúde para o que o pleno de Ponteareas xa reclamara no 2018 melloras tanto no aspecto da accesibilidade coma na dotación de persoal e que seguen sen ter resposta por parte da Xunta de Galicia.

Por outra banda tamén falou da falta de partida para a reforma da N-403 ao seu paso por Ponteareas, polo que a día de hoxe descoñecemos se esta obra se vai a realizar realmente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s