O CONCELLO DE PONTEAREAS PRIVATIZARÁ A XESTIÓN DA CALDEIRA DE BIOMASA

O goberno de Ponteareas en mans do BNG e do PSOE, adxudicou o pasado 22 de xaneiro un contrato para a redacción dos pregos de licitación de varios servizos, entre eles a subministración de acha e o mantemento da caldeira de biomasa. Repítese deste xeito a mesma forma de proceder que normalmente se atribúe aos partidos de dereitas e aos neoliberais: inversión pública para o beneficio privado.

Esquerda Unida lémbralle ao goberno municipal de Ponteareas que a xestión privada dos servizos resta poder ao público para entregarllo ás empresas privadas cuxo único obxectivo é obter beneficios e non a calidade dos servizos. Dende esta organización lembrámoslle tamén que a coalición de goberno do estado suprimiu as regras fiscais impostas polo PP e que limitaban a economía municipal, polo que sería un bo momento para contratar máis persoal municipal ou mesmo crear unha empresa municipal de servizos que podería xestionar todos estes servizos privatizados. Deste xeito dende o goberno local poderíase promover directamente o emprego no noso concello e poñer os recursos municipais a favor das persoas e non para a obtención de beneficios por parte de empresas especializadas en lucrarse do común.

En todo caso, Esquerda Unida lamenta a actitude do goberno municipal que non dubida en reducir o peso do público en favor das privatizacións como fixo por exemplo pechando o taller municipal, polo que ve difícil que a súa liña política varíe e comecen a defender o público.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s