O GOBERNO DE PONTEAREAS TEIMA EN ENGANAR SOBRE O FUTURO DA XESTIÓN DA AUGA

A TENENTE DE ALCALDE NÉGASE A DAR DETALLES DA DOCUMENTACIÓN CONTRATA A LAGARES OCA

En agosto de 2020, o goberno municipal de Ponteareas contratou os traballos de elaboración da documentación técnica para unha nova licitación dos servizos de abastecemento, saneamento e depuración de augas en Ponteareas. Unha vez rematado o prazo de execución en febreiro de este ano, Esquerda Unida solicitou información sobre o contido dos documentos da nova licitación, pero dende o Concello seguen a evitar dar resposta claramente. Pola contra, na resposta dada pola tenente de alcalde Cristina Fernández, téntase enganar outra vez indicando que no pleno no que se acordou a creación de unha comisión para determinar a forma máis sostible de xestión da auga, o inicio do proceso de remunicipalización, xa se falaba de asesoramento externo. Pero o certo é que o que se permitía era un asesoramento para a comisión. Nada que ver con contratar unha empresa para licitar un novo contrato, que é xusto o contrario do aprobado no pleno de decembro de 2018.

Por iso, dende Esquerda Unida queremos denunciar unha vez máis a falta de escrúpulos do BNG e do PSOE, que non soamente incumpren o acordo plenario de decembro de 2018 para crear unha comisión que determinara a forma de xestión máis sostible da auga como primeiro paso para a remunicipalización do servizo, se non que ademais tentan enganar continuamente con esta cuestión.

Esquerda Unida seguirá a reclamar o cumprimento do acordo plenario de decembro de 2018 onde se aprobou por unanimidade o inicio do proceso de remunicipalización da xestión do ciclo da auga en Ponteareas. Ademais, EU lembra que a  xestión directa dos servizos básicos é unha prioridade para calquera organización política que se considere minimamente de esquerdas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s