ESQUERDA UNIDA APOIA AS REIVINDICACIÓNS DO COMITÉ DE EMPRESA DO CONCELLO CON RESPECTO Á RETRIBUCIÓN DOS COMPLEMENTOS

O GOBERNO MUNICIPAL INCUMPRE UNHA VEZ MÁIS OS ACORDOS PLENARIOS

No mes de setembro de 2018 aprobábase un novo convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Ponteareas despois de que permanecera sen actualizarse dende 1999. A aprobación deste novo convenio actualizado, case 20 anos despois debeuse sen dúbida á firmeza da representación sindical das traballadoras e traballadores do concello e tamén hai que dicilo, pola presión que exerceu Esquerda Unida  sobre o  goberno municipal para forzalo a sentarse coa representación sindical. De feito, a falta de compromiso por parte dos partidos da xunta de goberno, BNG, PSOE e ARdT, era tal que Esquerda Unida veuse forzada a utilizar a baza de non aprobar os orzamentos municipais se os representantes do concello non se sentaban a negociar. Finalmente e despois de moitos meses de negociación, aprobouse o novo convenio.

Entre outras cousas, o convenio aprobado unanimemente polo pleno de Ponteareas no ano 2018 contemplaba uns novos complementos para certos postos de traballo: o complemento de perigosidade e o de penosidade. Estes novos complementos, porque así o impuxeron dende o goberno municipal, comezaríanse a retribuír a partires do ano 2020 porque dicían que o concello non podía nese momento facerse cargo do aumento de gasto. Pois ben, xa pasou todo 2020 e o concello aínda non comezou a pagar eses complementos.

Esquerda Unida considera unha falta de respecto cara ao persoal municipal e mesmo ao propio pleno municipal por parte do goberno municipal o incumprimento reiterado dos acordos plenarios. De un goberno que se di de esquerda esperaríase unha política laboral distinta á practicada polos anteriores gobernos da dereita, o que dende logo non está a acontecer. Por iso dende Esquerda Unida lembrámoslle ao goberno municipal de Ponteareas que o convenio é lei e que resultaría penoso que a representación do persoal do concello tivera que recorrer aos tribunais para facelo cumprir, polo que instamos ao goberno municipal e en particular ao concelleiro de persoal a que rectifiquen a súa postura.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s