ESQUERDA UNIDA CONTRA A “LEI MORDAZA” DO GOBERNO DE PONTEAREAS

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A PERSECUCIÓN DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN POR PARTE DO CONCELLO

Logo de ter coñecemento da denuncia pola vía penal interposta polo concelleiro do BNG Roberto Mera contra un veciño de Ponteareas e contra unha persoa da súa familia, Esquerda Unida quere manifestar a indignación desta organización ante o intento do concello de impedir o exercicio do dereito de opinión.

Os feitos denunciados por un suposto delito contra o honor, son unha serie de vídeos publicados nas redes sociais nos que o veciño de Ponteareas fala de situacións que ao seu entender son inxustas e no caso da persoa da súa familia, a denuncia interponse por un comentario feito na rede a un deses vídeos.

Sen entrar a valorar o maior ou menor acerto de ditas opinións publicadas nas redes sociais, entendemos que o seu contido non ten en ningún caso tal gravidade como para chegar ao extremo de denunciar a un veciño e a unha veciña deste concello. Para EU o que está claro é que non se pode dende as institucións impedir o exercicio da liberdade de expresión amparándose nun suposto delito contra o honor.

A interposición desta denuncia non parece outra cousa que un intento de amedrentar á veciñanza do Concello de Ponteareas á hora de realizar críticas á labor do goberno municipal. Cabe destacar que estas prácticas coinciden coas que utiliza a dereita máis rancia para exercer o poder. Denunciamos polo tanto a actitude antidemocrática do concello e máis concretamente do concelleiro Roberto Mera.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s