O CONCELLEIRO DE “BO GOBERNO” DE PONTEAREAS TENTA AMEDRENTAR A ESQUERDA UNIDA.

Logo da publicación por parte de Esquerda Unida de unha nota onde pon de manifesto a denuncia a un veciño de Ponteareas polas súas publicacións nas redes sociais, o “Concelleiro de Bo Goberno” do BNG, Roberto Mera, púxose en contacto a través do teléfono persoal do Coordinador Local de EU, Lino Costas para tentar forzar unha rectificación por parte de esta organización.

Na mensaxe enviada polo concelleiro ao coordinador de EU, indicaba que había erros na nota enviada por EU, tales como que non se trata dunha denuncia se non dunha querela e que non está implicado o Concello de Ponteareas, se non o “Concelleiro de Bo Goberno” persoalmente. Certamente, e en aras do rigor informativo, vémonos na obriga de rectificar esa cuestión e manifestar que foi o “Concelleiro De Bo Goberno” do Grupo Municipal do BNG, quen interpuxo a querela contra un veciño de este concello e contra un parente seu e non o “Goberno Municipal”

A maiores, na dita mensaxe enviada ao Coordinador de EU, o Concelleiro de Bo Goberno cualifica a política de Esquerda Unida de patética e demagóxica e insta ao Coordinador Local de EU a “ter un mínimo de dignidade e vergoña” baixo a “ameaza” de responder contundentemente para desprestixiar a esta organización.

Para Esquerda Unida, esta non parece a actitude propia de un concelleiro de “Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá e Mobilidade e Tráfico”, se non máis ben de un aspirante a cacique. Dende logo, o concelleiro está en todo o seu dereito de querelarse contra quen considere conveniente ao igual que esta organización ten dereito a mostrar o seu parecer ao respecto,  pero iso non elude o feito de que está a tentar calar a boca a quen se manifesta en contra do Goberno Municipal ou contra a actitude un concelleiro como acontece neste caso.

Se ben é certo que non é moi cortés pola nosa parte falar do contido dunha comunicación privada do concelleiro ao coordinador de EU, tamén o é que menos cortés é tentar utilizar unha posición de poder para calar as críticas, o que xustifica por si mesmo a publicación desta nota.

Esquerda Unida entende que o máis adecuado sería que no exercicio do bo goberno, o concelleiro tentara aclarar as cousas cos querelados antes de metelos no xulgado e reitera que a actitude represiva que está a ter o Concelleiro de Bo Goberno contra uns veciños de Ponteareas non é a mellor forma de traballar para mellorar as condicións de vida do noso concello. Neste momento a mellor saída que podería ter o concelleiro sería a de retirar a querela e comezar de cero a falar cos afectados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s