ESQUERDA UNIDA CRITICA A REBAIXA DA PARTIDA DE EMERXENCIA SOCIAL E PROPÓN A MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DE EMERXENCIA SOCIAL

Lino Costas, coordinador local de Esquerda Unida

Logo da modificación orzamentaria aprobada polo goberno municipal de Ponteareas onde se retiran 50.000 euros da partida de emerxencia social, Esquerda Unida de Ponteareas manifesta o seu desacordo con esta medida. O incremento desta partida nos orzamentos de 2021, pasando dos 120.000 euros anteriores aos 200.000 debería ser utilizada para modificar a ordenanza de emerxencia social de xeito que dera unha maior cobertura ás persoas faltas de recursos do noso concello. Coñecidas son as carencias, por exemplo, do Centro de Reparto de Alimentos que soamente proporciona ás persoas beneficiarias unha canastra moi básica e insuficiente, ou os problemas de vivenda de moitas veciñas e veciños tal e como veñen denunciando colectivos do noso concello, por poñer dous exemplos. Por iso, a xustificación dada polo Concelleiro de Facenda para facer esta modificación de que o ano pasado se empregaron desta partida algo menos de 100.000 euros, non indica que a veciñanza do noso concello teña as súas necesidades cubertas, se non a falta de vontade do goberno local á hora de resolver os problemas vitais da cidadanía.

Por outra banda, tamén retíranse un total de 61.800 euros do capítulo un dos orzamentos, dedicado aos gastos de persoal cando a día de hoxe o concello aínda non comezou a aplicar o pagamento dos pluses acordados no convenio colectivo vixente dende xaneiro de 2019.

Para Esquerda Unida, a política é cuestión de prioridades. Está moi ben investir recursos municipais en mellorar o entorno do casco urbano, pero a principal preocupación dos e das gobernantes municipais debería estar en garantir unhas condicións mínimas de vida digna para toda a veciñanza e despois o resto. Xusto ao contrario do que está a facer o goberno municipal, pero é ben sabido que a política social non é a que da réditos electorais. Unha cuestión de prioridades.

Candidatura de Esquerda Unida Ponteareas nas eleccións do 2019

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s