ESQUERDA UNIDA CONSIDERA UNHA BOA NOVA A APROBACIÓN DO CONVENIO PARA A AMPLIACIÓN DA EDAR DE PONTEAREAS. UN MOTIVO MÁIS PARA A REMUNICIPALIZACIÓN DA XESTIÓN DA AUGA

All-focus

Esquerda Unida considera unha boa nova a aprobación por parte do Pleno de Ponteareas a aprobación do Convenio de Colaboración entre ACUAES, Augas de Galicia e o Concello de Ponteareas para a ampliación e mellora da actual depuradora de augas residuais, mellora da rede de saneamento e construción dun tanque de tormentas. Dende a coordinadora local de Esquerda Unida agardan que estas actuacións previstas sexan executadas coa menor demora posible e así dar solución a parte da problemática de vertidos de augas residuais sen depurar na nosa localidade.

Por outra banda, cabe lembrar que a maior parte das parroquias do concello non contan con rede de saneamento, o que é unha anomalía que debe ser resolta canto antes. A este respecto hai que lembrar tamén que a veciñanza de Ribadetea leva tempo reclamando que se inicien as obras de instalación da rede de saneamento nesa parroquia, reclamación que foi sistematicamente rexeitada pola Confederación Hidrográfica dada a ineficacia da EDAR. Esquerda Unida entende que a aprobación deste convenio debería  facer que a Confederación Hidrográfica reconsiderara a súa postura a este respecto. Outra cuestión que habería que ter en conta e que o goberno local parece ter esquecido, é a da posibilidade de instalar depuradoras naturais nos pequenos núcleos de poboación, algo que Esquerda Unida leva reclamando dende o 2016. A instalación deste tipo de depuradoras podería reducir os custes e o tempo necesario para acadar a depuración de augas residuais en todo o concello e mellorar a eficiencia enerxética e ecolóxica.

O custe das obras a realizar de acordo co convenio aprobado polo pleno é de 14 millóns de euros, IVE incluído. Unha nova inversión de cartos públicos nun servizo que de non xestionarse directamente servirá para seguir engrosando a conta de algunha multinacional. Hai que remarcar que o propio texto do convenio contempla a xestión directa das obras entregadas. Actualmente tanto o servizo de saneamento e depuración de augas residuais  como o de abastecemento de auga potable está a ser xestionado pola empresa Viaqua logo de que o Pleno Municipal prorrogara no ano 2020 o contrato desta empresa por tempo indefinido ata que se resolvera a nova xestión. Lembramos que no ano 2018  o pleno acordou a proposta de Esquerda Unida de comezar os trámites para acadar a remunicipalización do servizo e que nada se fixo aínda ao respecto. Dende EU non o esquecemos e seguiremos reclamándoo

A veciñanza de Ribadetea leva anos coas súas reivindicacións

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s