ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA EMENDA AOS ORZAMENTOS DO ESTADO PARA A URBANIZACIÓN DA N-120

Esquerda Unida de Ponteareas enviou unha emenda á súa organización federal para que se contemple nos orzamentos do estado de 2022 unha partida de catro millóns de euros para a obra de urbanización da N-120. Esta organización considera que esta é unha obra prioritaria no Concello de Ponteareas para garantir a seguridade viaria nun tramo cunha moi alta densidade da poboación, feito que provoca unha gran falta de seguridade. Os peóns vense na obriga de camiñar pola beiravía, as interseccións non están pensadas para o seu paso e ademais se ven obrigados a cruzar a estrada sen ter ningún lugar habilitado para elo. Todas estas circunstancias provocan múltiples ocasións de perigo o que por desgraza xa ten provocado mortes.

Parece polo tanto pouco comprensible que unha vez máis a urbanización da N-120 ao seu paso por Ponteareas quede fora dos orzamentos do estado, sobre todo cando é unha demanda xa histórica da veciñanza do Concello de Ponteareas e máis que sobradamente coñecida por todas as institucións. As cuestións que afectan á seguridade viaria deben ter unha prioridade absoluta no que respecta a  actuacións nas estradas, polo que dende EU agardamos que se teña en conta esta emenda en consonancia coas reivindicacións veciñais para a urbanización da N-120 ao seu paso por Ponteareas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s