O CONCELLO DEBE DAR SOLUCIÓN AOS CASOS DE SENFOGARISMO DE PONTEAREAS.

Ante a demanda de solución habitacional por parte dunha veciña de Ponteareas, desde Esquerda Unida queremos salientar o seguinte.

O acceso a unha vivenda é un dereito fundamental de todo ser humano, así como un recurso básico para garantir unha vida digna. Consideramos que as administracións públicas deben intervir para evitar que existan persoas sen fogar. Os casos de emerxencia social deben ser atendidos polos servizos municipais, por tratarse da administración máis próxima á cidadanía. Son os servizos sociais dos concellos quen pode coñecer en toda a súa amplitude os casos de emerxencia, para abordalos dunha forma integral de cara a que as persoas con problemas poidan encauzar a súa vida.

En Ponteareas non existe un caso illado e o goberno municipal ten constancia, desde polo menos hai 2 anos, da existencia de 15 persoas sen fogar no municipio. Xa en setembro de 2020 Ponte Solidario alertaba (1) da existencia de persoas sen fogar e, tras reunirse coa concelleira de servizos sociais, denunciaba a desidia do Concello ante o senfogarismomo, ademais de propoñer un plan para solucionar o problema (2).

Por outra banda, sabemos que, no orzamento municipal do ano 2022, o goberno municipal rebaixou en 90.000 € a partida para axudas de emerxencia social e en 5000 € a partida do centro de repartición de alimentos (3). É unha cuestión de vontade política dedicar fondos para evitar que en Ponteareas existan persoas sen fogar.

En maio de 2019, o Concello de Ponteareas comezou a reforma das casas dos mestres para casos de emerxencia social (4). Tres anos despois estas vivendas están desocupadas, sendo un reflexo do desdén das autoridades municipais ante este problema.

Recentemente o Concello de Ponteareas ofreceu aloxamento a persoas refuxiadas de Ucraína (5). Valoramos positivamente esta proposta que supón, ademáis, o recoñecemento do goberno municipal da súa capacidade de proporcionar aloxamento a persoas sen fogar. Como decíamos, acabar co senfogarismo é unha cuestión de vontade política.

  1. https://porrinodigital.es/archivo/index.php/porrino-digital-noticias/categorias/porrino-digital-actualidad/6474-ponte-solidario-alerta-de-situacions-de-senfogarismo-en-ponteareas
  2. https://www.farodevigo.es/comarcas/2021/04/13/ponte-solidario-culpa-concello-buscar-46706826
  3. https://euponteareas.wordpress.com entrada do 10 de maio do 2022.
  4. https://ponteareas.gal/comeza-a-reforma-de-catro-vivendas-das-casas-dos-mestres/
  5. https://ponteareas.gal/ponteareas-ofrecese-a-acoller-a-familias-refuxiadas-de-ucraina/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s