
- Vivendas Públicas, eliminación das listas de espera dos Servizos Sociais e Odontoloxía Pública para Ponteareas no centro do programa de Esqueda Unida e Podemos.
- Planean crear tamén novos postos de Servizos Sociais inexistentes ata agora como Educación Social, Integración Social e Animación Sociocultural.
- Converter a Ponteareas nunha vila con comedor social, sen cortes de electricidade, auga e subministros básicos formará parte central do programa de goberno que están a elaborar.
- 48 horas de espera máxima para asistencia de cita nos servizos sociais é outro dos seus obxectivos.
Podemos e Esquerda Unida Ponteareas seguen co seu calendario de xuntanzas programáticas abertas a toda a poboación da vila para elaborar o programa de goberno para as eleccións municipais de maio.
A xuntanza da pasada semana centrouse nos servizos sociais, vivenda e sanidade pública. Entre as medidas incluídas no seu programa atopamos a creación dun parque de vivendas públicas, a posta en marcha de vivendas sociais e a recuperación do funcionamento do Consello Social Sectorial, proxecto co que BNG e PSOE comprometéronse e reivindicaron na época do goberno do PP e que non cumpriron o chegar o poder.
Na reunión tamén aprobáronse propostas de mellora na Ordenanza de Emerxencia Social. En materia de saúde mental formulan dotar a Ponteareas da figura de psicoloxía, enfermería escolar, realizar campañas xuvenís de prevención do suicidio e xestión de emocións e crear un servizo de odontoloxía pública municipal. Por outra banda para esta suma de forzas de esquerdas un dos puntos críticos do programa e máis importante neste eido é erradicar as listas de espera nos Servizos Sociais e loitar por garantir para todas as persoas da vila unha cita en 48 horas desde á solicitude. Está medida é unha promesa que será incorporada no momento que se chegue ao goberno.
Outras medidas acordadas e que serán postas en marcha de inmediato son un Estudo Municipal de Vivenda que recolla, entre outras cousas, un censo de vivendas deshabitadas, promover un servizo de Planificación Familiar na localidade, pór en marcha un comedor municipal público que dea servizo aos comedores escolares e á emerxencia social, contando ademáis cun reparto a domicilio para a veciñanza que non pode desprazarase.
Estas propostas van enfocadas, en palabras do recente escollido candidato á alcaldía, Manoel Ucha, “a facer de Ponteareas unha vila que non deixa ningunha persoa atrás e que aposta por colocar a vida e os coidados no centro”.
A cuarta xuntanza celébrase na sede de Esquerda Unida Ponteareas (Rúa Amado Garra, 12) o sábado 25 de febreiro ás 10h para acordar o programa de goberno nas áreas de feminismo, dereitos LGTBI e educación. Todas estas reunións están abertas ao debate a calquera persoa do pobo que queira colaborar na elaboración do programa electoral, alén da súa militancia e simpatizantes.