“Animamos á veciñanza de Ponteareas a ler as diferentes propostas políticas e que decidan. Nós témolo claro, darlle unha oportunidade a este espazo político é crer nunha Ponteareas de xustiza social.”

Manoel Ucha, candidato á alcaldía por EU-Podemos en Ponteareas, visitou o estudo de Radio Nove

ENTREVISTA – PINCHA AQUÍ

Ir a descargar

O candidato á alcaldía deixou claro nos micrófonos de Radio Nove a ilusión que representa o espazo político de esquerdas formado por Esquerda Unida e Podemos en Ponteareas.

Manoel defende unha forma de facer política diferente que coloca os coidados e a vida no centro, que aposta por modelos de humanización participativos, a defensa da clase traballadora, a igualdade entre homes e mulleres e que ten claro que a coherencia coas ideas é fundamental en política.

Esquerda Unida e Podemos segue co seu proceso de construción aberta do programa de goberno e celebra a vindeira asemblea o 25 de febreiro ás 10h no local de Esquerda Unida Ponteareas (Rúa Amado Garra) que versará sobre feminismo, cultura e educación.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s