O SÁBADO 25 DE FEBREIRO ESQUERDA UNIDA E PODEMOS DEBATERÁN O PROGRAMA DE GOBERNO PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE MAIO DO 2023 NAS ÁREAS DE FEMINISMO, DEREITOS LGTBI E EDUCACIÓN

Esquerda Unida e Podemos avanzan nas asembleas programáticas e animan a toda a cidadanía a participar neste formato aberto de toma de decisión.

Na última xuntanza, que tratou sobre Servizos Sociais, Vivenda e Saúde Pública, decidiuse crear un parque de vivenda pública como eixo das políticas de protección social, aumentar o persoal dos Servizos Sociais e crear postos de profesionais inexistentes ata agora como Educación Social, Integración Social e Animación Sociocultural, esta última sería un posto a cabalo entre os departamentos de Servizos Sociais e Cultura e reducir as listas de agarda. Na xuntanza tamén se acordou apostar pola mellora do regulamento de Emerxencia Social e converter a Ponteareas unha vila sen cortes de electricidade, auga e subministros básicos.

A cuarta xuntanza celébrase na sede de Esquerda Unida (Rúa Amado Garra, 12) o sábado 25 de febreiro ás 10h co gallo de acordar o programa de goberno nas áreas de feminismo, educación e dereitos LGTBI. A número dous da lista, Patricia Pardo, declara que “As propostas en materia de feminsimo son fundamentais para construír un programa de goberno que loite por erradicar a situación de desigualdade que seguimos sufrindo as mulleres e que o actual goberno parece ter esquecido.

Este xeito de abrir o debate a calquera persoa do pobo que queira colaborar na elaboración do programa electoral, alén da súa militancia e simpatizantes, responde a ideoloxía social e colaborativa dos dous partidos, que queren que os seu programa sexa cen por cen transparente, escoite á cidadanía e presente solucións tanxibles e reais os problemas da vila, deixando de lado os panfletos cheos de promesas baleiras que soamente serven para facer campaña con fins populistas.

Dende o espazo político que forman Esquerda Unida e Podemos en Ponteareas recalcan a importancia das políticas en materia educativa desde o eido municipal, o candidato á alcaldía, Manoel Ucha destaca que “O noso espazo político aposta pola educación pública e temos claro que dende o concello debemos crear proxectos que consoliden a defensa dos dereitos educativos para toda a cidadanía. Imos colocar a experiencia profesional como docentes ao servizo da cidadanía. É moi bonito contar con tres docentes do ensino público nos seis primeiros postos da lista, con iso queda claro cales son as nosas prioridades”.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s