Esquerda Unida Ponteareas solicita transparencia ao goberno local sobre a Área de Planeamento Especial da rúa Sarmiento Rivera

Dende o grupo municipal insisten na urxencia de modificar a práctica habitual do actual goberno de ocultar información e usar as redes sociais do concello como ferramenta propagandística

Na Área de Planeamento Especial (APE-14), xunto a  av. Sarmiento Rivera, o PXOM permite a construción conxunta dunha área comercial de 3.440 m2 e de 6.700 m2 de vivendas. O Desenvolvemento desta área permítelle á propiedade edificar 10.140 m2 a cambio de ceder terreo para unha nova vía de acceso ao propio edificio e para un parque público.  Na ficha desta APE-14 descríbese a edificación permitida nesta parcela: en planta baixa permítese construír unha superficie de 3.440 m2 e, sobre esta planta, un bloque de 5 plantas a maiores.

Denunciamos que o Goberno municipal está ocultando a posibilidade de que se constrúa un bloque de vivendas vinculado á zona verde en obras na actualidade. Chegando a mostrar unha imaxe na que só aparece a área comercial; cando no PXOM se establece que os 10.140 m2 se deben executar con unha licenza única para a totalidade da edificación.

O Concello anunciou que “Ponteareas aproba a creación dun novo parque público de 3.000 metros cadrados na Avenida Sarmiento Rivera”. No comunicado indican que “as obras iniciaranse xa a vindeira semana e non terán custo para o Concello de Ponteareas, xa que se trata dunha obriga dos propietarios dos terreos recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para poder desenvolver o resto da área con usos comerciais.” Ademais, recalcan que “Unha vez entregado o parque ao Concello, os propietarios dos terreos colindantes prevén desenvolver os seus usos comerciais e obter os permisos para crear un grande equipamento comercial no ámbito da alimentación”.

“Dende a nosa organización fixemos unha análise e consideramos importante que o goberno local comunique con claridade o que se vai realizar na parcela de Sarmiento Rivera. Parece contradictorio que o Concello anuncie, a través de comunicados e de imáxenes, que se construirá só un edificio comercial, mentras no PXOM permite, ademais, a construción dun bloque de vivendas”, declara Manoel Ucha.

Neste sentido, o candidato á alcaldía polo espazo político Esquerda Unida e Podemos Ponteareas indica que “É importante que unha coalición como a nosa teña forza no Pleno Municipal para garantir transparencia en todos os proxectos e evitar estas prácticas que fan recordar épocas pasadas”.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s