UNIDAS PODEMOS LEVOU AO CONGRESO DOS DEPUTADOS E DEPUTADAS A SITUACIÓN DO GRUPO GANOMAGOGA

Ponteareas en común mostra o seu apoio a todos os traballadores e traballadoras da empresa e eleva ao congreso a situación da fábrica ponteareá

A iniciativa de Ponteareas en Común (Esquerda Unida e Podemos), o Grupo Parlamentario de Unidas Podemos- En Comú Podem-Galicia En Común, rexistrou o pasado venres 10 de marzo na Mesa do Congreso dos Deputados unha serie de preguntas ao respecto da situación de Talleres Ganomagoga e do Grupo Ganomagoga.

No documento rexistrado, ademais de expoñer a situación na que se atopa na actualidade o persoal de Ganomagoga, fanse unha serie de preguntas sobre a situación económica e financeira de dita empresa, sobre as subvencións ou axudas públicas que recibiu do Goberno o Grupo Ganomagoga e sobre que medidas ten previsto levar a cabo o Goberno para manter os postos de traballo.

A principal actividade do Grupo Ganomagoga está dedicada á fabricación de tubos para aeroxeneradores. Por iso a confluencia de esquerdas entende que esta situación, ademais de ser tremenda para a situación de centos de traballadoras e traballadores é contraditoria coa necesidade actual de aumentar a capacidade produtiva en materia de enerxías renovables. A este respecto, Manoel Ucha, candidato ás Eleccións Municipais de 2023 por Ponteareas en Común, manifestaba que, “Non ten sentido perder a capacidade produtiva nun sector estratéxico coma este ao mesmo tempo que se pretende aumentar a produción de enerxía eólica. Mellor ou peor planificados, esa é outra cuestión, o certo é que a previsión é a de crear decenas de parques eólicos en Galicia. O lóxico sería acercar a produción ao seu destino final,  non ter que traer de fora os tubos co conseguinte aumento do gasto enerxético, de emisión de gases e perda de creación de valor no propio territorio.”

Ponteareas En Común agarda que o feito de levar estas preguntas ao Goberno de España sirva para que este  tome en consideración o problema e de xeito inmediato inicien actuacións para garantir os postos de traballo e a capacidade produtiva.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s