ÁREAS DE ELABORACIÓN COLECTIVA
Esquerda Unida caracterízase por ser un movemento político e social, o institucional e o social son acenos de identidade da organización. EU, como movemento político e social, ten un compromiso histórico coa participación democrática, coa necesidade da intervención das/os cidadáns nas decisións políticas e non só no voto cada 4 anos.
As áreas de elaboración colectiva, como instrumentos de participación e mobilización social, son fundamentais para consolidar dinámicas de elaboración colectiva e de cara á confluencia cos movementos sociais, actores sociais e expertos. Mediante esta ferramenta fomentase o valor do colectivo, de compartir información, analizar a realidade e decidir de forma horizontal. É por iso que a elaboración do programa a través das as áreas conta co aval do coñecemento da realidade social. As áreas, abertas á participación de colectivos e persoas de esquerda que, conxuntural ou permanentemente aposten por participar nelas , non só fortalecen a participación política na nosa organización, senón que tamén a elaboración programática das nosas liñas políticas.
A elaboración colectiva, como proceso de participación activa que tras a análise dos problemas concretos da nosa realidade social propón alternativas e mobilízase por elas, é un principio básico en EU porque establece unha forma distinta de facer a política suxeita a dinámicas participativas e, en consecuencia, supera a disociación existente entre quen fan a política e quen a reciben. A elaboración colectiva fai suxeitos protagonistas aos que desexan intervir no ámbito social facilitando un encontro que permite superar as contradicións que introduce o sistema. A elaboración colectiva achega á organización descentralización política, horizontalidade, capacidade participativa, coherencia, cohesión e posibilidades alternativas de mobilización, propias dun movemento político social.
A nivel nacional existirán as seguintes Áreas:
- Planificación económica / Economía e Traballo
- Política Territorial, Ecoloxía e Medio Ambiente
- Estado, Administracións Públicas e Xustiza
- Paz, Solidariedade e Migracións
- Ensino, comunicación, cultura e política lingüística
- Saúde e Benestar Social
- Muller e igualdade
- Mocidade
- Maiores
- Liberdade de expresión afectivo-sexual (ALEAS)
As áreas funcionan de forma asemblearia, utilizando o consenso como forma fundamental de funcionamento interno. Foméntase o carácter aberto, flexible e a participación máis aberta e ampla posible das persoas adscritas e das persoas, organizacións ou colectivos interesados en colaborar con elas.
É de obrigado cumprimento o debate e acordo dos temas relacionados coa elaboración ou actividades dunha área coa mesma, con carácter previo a súa presentación institucional cando o calendario así o permita. Os cargos públicos de EU responsables da posta en práctica do noso programa e a xestión na administración, están obrigados a render contas anualmente ante as Áreas de elaboración correspondentes ao ámbito que xestionan.