Arquivos da categoría Campañas

cartel 17M_RRSS

Advertisement

MITIN EU-SON PONTEAREAS

YOLANDA DÍAZ INTERVIRÁ NO MITIN DE EU-SON O VINDEIRO MARTES 19

A DEPUTADA DE AGE ASISTIRÁ PARA DAR O SEU APOIO Á CANDIDATURA DE PONTEAREAS

Nestas Eleccións Municipais de 2015, Esquerda Unida de Ponteareas, confórmase como a forza que garantirá no concello a defensa da veciñanza e do noso entorno.

Unha candidatura de mulleres e homes comprometidos cos valores da esquerda, a defensa das traballadoras e dos traballadores, o feminismo e o medio ambiente.

EU-son preséntase a estas eleccións cun completo programa elaborado participativamente. Un programa do que se falará no Mitin do vindeiro martes 19 ás 20:30 no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas. Un programa de esquerdas para a maioría social.

Neste acto, presentado por Pablo Fernández, candidato nº 3 da lista de EU-son, intervirá a Coordinadora Nacional de ESQUERDA UNIDA e deputada de AGE no Parlamento de Galicia, Yolanda Díaz. De seguido, Patricia Pardo, nº 2 na candidatura e Lino Costas, candidato de EU-son á alcaldía de Ponteareas.

EVENTO EN FACEBOOK

ESQUERDA UNIDA – OS VERDES SON PRESENTA A SÚA CANDIDATURA EN PONTEAREAS

INTERVIRÁ EVA SOLLA, DEPUTADA DE AGE NO PARLAMENTO DE GALICIA

NESTE ACTO FALARASE TAMÉN DA ASEMBLEA MUNICIPAL DE EU

Nestas Eleccións Municipais de 2015, Esquerda Unida de Ponteareas, confórmase como EU-son, a forza que garantirá no concello a defensa da nosa xente e do noso entorno.

Unha candidatura de mulleres e homes comprometidos cos valores da esquerda, a defensa das traballadoras e dos traballadores, o feminismo e o medio ambiente; encabezada por Lino Costas, traballador do metal, Coordinador Local de EU en Ponteareas e Patricia Pardo, militante feminista, licenciada en bioloxía e teleoperadora.

EU-son preséntase a estas eleccións cun completo programa elaborado participativamente.

O traballo institucional da representación de Esquerda Unida no Concello rexerase pola Asemblea Municipal de EU, instrumento onde poderán participar con pleno dereito todas aquelas veciñas e veciños que se identifiquen cos valores da esquerda. Esta Asemblea Municipal de EU fará as propostas que as nosas concelleiras e concelleiros presentarán no Pleno Municipal e xestionará o seu traballo, de xeito que este sexa totalmente transparente e estea referenciado nas necesidades reais da xente da localidade.

A presentación da candidatura terá lugar no Centro Artístico Sportivo o vindeiro venres 8 de maio ás 20:30 e contará coa presenza inestimable da deputada de AGE no Parlamento de Galicia, Eva Solla.

ESQUERDA UNIDA CONTEMPLA NO SEU PROGRAMA MEDIDAS DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES

maiores

DENDE A CORPORACIÓN MUNICIPAL, EU-SON ESIXIRÁ Á INCORPORACIÓN DA XERIATRÍA E A XERONTOLOXÍA AO CENTRO DE ATENCIÓN PRIMARIA DE PONTEAREAS

As persoas maiores, unha vez que abandonan o mercado laboral non deben ser aparcadas. Son moitas as políticas de apoio a este colectivo que se poden facer dende o Concello. A primeira de elas é detectar as necesidades e inquietudes das persoas maiores e esixir solucións.

No programa de Esquerda Unida de Ponteareas, contémplanse medidas para facilitar a participación das persoas maiores, a través da creación dun Consello Municipal de Servizos Sociais, para que poidan ter voz en cuestións que lles afectan máis directamente.

É necesario mellorar a dotación do Centro de Día, potenciar o servizo de atención a domicilio, incluíndo un servizo de tele-asistencia a persoas maiores que vivan soas e crear unha nova Residencia da Terceira Idade de titularidade e xestión pública para cubrir as necesidades actuais.

O Coordinador Local de EU e candidato á alcaldía de Ponteareas, Lino Costas, considera que a administración local debe potenciar un envellecemento activo saudable: o dereito ao ocio, á formación, á cultura, á práctica de actividades físicas e deportivas que fan que as persoas maiores podan intervir activamente na vida económica, cultural e política da localidade.

Sobre estas cuestións, propoñemos a creación dunha unidade municipal de control de servizos a maiores, establecer un turismo social de calidade, promover o asociacionismo das persoas maiores nos diferentes campos e a creación dun “fondo ce coñecemento solidario” onde as persoas maiores podan transmitir os seus coñecementos ás novas xeracións.

ESQUERDA UNIDA LEVA NO SEU PROGRAMA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE ALUGUER SOCIAL

vivenda

NO CONCELLO DE PONTEAREAS EXISTEN MAIS 2000 VIVENDAS DESOCUPADAS

No actual contexto de aumento da desprotección social, cada vez máis persoas se atopan en situación de vulnerabilidade, o que fai perigar o acceso á vivenda ou que, en moitos casos, o seu custe sexa insoportable para a economía familiar.


A existencia de vivendas baleiras é unha dilapidación social e territorial insostible. No Concello de Ponteareas existen mais 2000 vivendas desocupadas, segundo datos do INE. Por iso a grande importancia da realización dun rexistro do estado das vivendas (ocupadas, de segunda residencia, desocupadas ou baleiras, postas no mercado de venda ou aluguer…), facer un diagnóstico das características xerais e de poñer en práctica unha nova forma de facer política de vivenda. Esquerda Unida aposta por construír en función da necesidade da poboación e non por intereses especulativos.

Para paliar esta situación, Esquerda Unida leva no seu programa a creación dunha Bolsa de Aluguer Social, para aquelas persoas que se atopen en dificultades para acceder ao dereito á vivenda.

As vivendas baleiras que non se acollan a esta bolsa, terán un recargo do 50% sobre a cota líquida do ibi, o máximo permitido pola lei.

Propón para isto un Plan de Aluguer Municipal ao que se poderían acoller persoas ou entidades propietarias de vivendas baleiras e que, ao mesmo tempo, veríanse beneficiadas cun sistema de garantías en forma de póliza de seguros que cubrirá danos e impagos.

Pola contra, aquelas vivendas baleiras que non se acollan ao Plan de Aluguer Municipal, terían un recargo do 50% na cota líquida do Imposto de Bens Inmobles cuxos ingresos irían destinados a garantir o dereito á vivenda.

Deste xeito, Esquerda Unida posiciónase claramente a favor dos intereses da maioría social traballadora, que está a sufrir as consecuencias da actual crise económica, produto en boa parte das prácticas especulativas coa vivenda.

ESQUERDA UNIDA DE PONTEAREAS PRESÉNTASE NA COALICIÓN ESQUERDA UNIDA-SON

EU-SONNestas Eleccións Municipais de 2015, Esquerda Unida de Ponteareas, confórmase como a forza que garantirá no concello a defensa da veciñanza e do noso entorno.

Esquerda Unida presenta, para estas eleccións municipais, unha candidatura de mulleres e homes comprometidos cos valores da esquerda, a defensa das traballadoras e dos traballadores, o feminismo e o medio ambiente.

Esta candidatura estará encabezada por Lino Costas, traballador do metal, Coordinador Local de EU en Ponteareas e ex Coordinador Nacional da Área de Medio Ambiente de EU, Patricia Pardo, militante feminista, licenciada en bioloxía e teleoperadora, Pablo Fernández, graduado en Química, membro da permanente da Área de Mocidade de EU e activista estudantil, Eva Quesada, activista social e membro do Consello Político Nacional de Esquerda Unida e Jorge Otero, arquitecto, autónomo e activista social. A lista conta ademais con persoas independentes vinculadas ao mundo do traballo e os movementos sociais.

Esquerda Unida de Ponteareas preséntase a estas eleccións cun completo programa elaborado participativamente. 

O traballo institucional da representación de Esquerda Unida no Concello rexerase pola Asemblea Municipal de EU, instrumento onde poderán participar con pleno dereito todas EU-SONaquelas veciñas e veciños que se identifiquen cos valores da esquerda. Esta Asemblea Municipal de EU fará as propostas que as nosas concelleiras e concelleiros presentarán no Pleno municipal e xestionará o seu traballo, de xeito que este sexa totalmente transparente e estea referenciado nas necesidades reais da veciñanza.