Advertisement
Arquivos da categoría Carteis
ESQUERDA UNIDA NO CONCELLO DE PONTEAREAS
ESQUERDA UNIDA conseguiu en maio de 2015, o apoio necesario para ter representación no goberno do Concello de Ponteareas. Por vez primeira desde o inicio da democracia, ten voz na vida política ordinaria municipal, unha formación transformadora, rebelde, feminista e alternativa ao sistema socioeconómico que nos obriga a ter unhas condicións de vida precarias.
Presentabámonos entón co obxectivo de dar a batalla polos servizos públicos de calidade, por construír unha democracia participativa e polo control da veciñanza nas tarefas do goberno municipal. Presentamos numerosas iniciativas nestes anos para avanzar na conquista destes obxectivos.
Neste tempo vimos desenvolvendo un intenso traballo político co esforzo voluntario das persoas que formamos parte da Asemblea Municipal de ESQUERDA UNIDA, asemblea aberta a calquera veciña ou veciño da vila. A través desta asemblea elaboramos e decidimos as posicións políticas do noso representante no pleno, Lino Costas.
A todas aquelas persoas que queiran informarse e preguntar sobre as actividades da Asemblea Municipal de EU e o seu concelleiro, así como as que desexen formular calquera suxestión, achega ou queixa, estades convidadas a asistir o vindeiro venres 16 de marzo a un foro no que compartiremos todas as experiencias e visións acumuladas na actividade política municipal nestes últimos anos.
Abriremos as portas da sala multiusos do Auditorio Municipal ás 19:30. Intervirán neste acto Patricia Pardo e Lino Costas. AGARDÁMOSTE!
eu-ponteareas@esquerdaunida.org
euponteareas.wordpress.com
facebook/twitter: @EUPonteareas
ESQUERDA UNIDA CHAMA Á PARTICIPACIÓN NAS MARCHAS DA DIGNIDADE
A DEFENSA DAS PENSIÓNS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS SERÁN AS REIVINDICACIÓNS CENTRAIS DESTA XORNADA
Esquerda Unida de Ponteareas fai un chamamento á participación na mobilización convocada polas Marchas da Dignidade o vindeiro sábado 25 de febreiro na cidade de A Coruña e que, nesta ocasión, terá como reivindicación central a defensa das Pensións e dos Servizos Públicos.
As Marchas da Dignidade é unha plataforma de loita unitaria da cal forman parte máis de sesenta organizacións e colectivos veciñais, sindicais, culturais, sociais e políticos de toda Galicia e que ten por obxectivo fundamental a defensa dos dereitos da clase traballadora fronte as agresións ás que nos someten: desemprego, precariedade, desafiuzamentos, desmantelamento do servizos públicos etc.
Esta nova xornada de mobilización que terá lugar en todo o Estado, centrará a reivindicación na defensa das pensións públicas, que EU considera gravemente ameazadas. Fronte ao discurso que di que as pensións son insustentables, ESQUERDA UNIDA ten claro que isto prodúcese pola alta taxa de desemprego e precariedade que sofren as traballadoras e traballadores e que diminúe considerablemente a cotización á seguridade social. Ademais, as condicións de vida das e dos pensionistas véñense deteriorando nos últimos anos e en moitos casos atopámonos con persoas que teñen que vivir con ingresos por debaixo do limiar da pobreza. Esta non é unha situación que afecte tan só ás persoas pensionistas, se non que en todo o Estado hai un 34% de fogares que dependen en exclusiva dos ingresos dunha pensión. O recortes aplicados sobre as pensións e os servizos públicos obedecen a unha estratexia para favorecer ás pensións privadas e fomentar o lucro do sector bancario.
Por todo isto, ESQUERDA UNIDA considera de vital importancia saír a rúa para defender os nosos dereitos fundamentais. Fai, polo tanto, un chamamento á participación activa na mobilización das Marchas da Dignidade que permita unificar ás loitas da clase traballadora e poder mudar a realidade do noso país.
MITIN EU-SON PONTEAREAS
YOLANDA DÍAZ INTERVIRÁ NO MITIN DE EU-SON O VINDEIRO MARTES 19
A DEPUTADA DE AGE ASISTIRÁ PARA DAR O SEU APOIO Á CANDIDATURA DE PONTEAREAS
Nestas Eleccións Municipais de 2015, Esquerda Unida de Ponteareas, confórmase como a forza que garantirá no concello a defensa da veciñanza e do noso entorno.
Unha candidatura de mulleres e homes comprometidos cos valores da esquerda, a defensa das traballadoras e dos traballadores, o feminismo e o medio ambiente.
EU-son preséntase a estas eleccións cun completo programa elaborado participativamente. Un programa do que se falará no Mitin do vindeiro martes 19 ás 20:30 no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas. Un programa de esquerdas para a maioría social.
Neste acto, presentado por Pablo Fernández, candidato nº 3 da lista de EU-son, intervirá a Coordinadora Nacional de ESQUERDA UNIDA e deputada de AGE no Parlamento de Galicia, Yolanda Díaz. De seguido, Patricia Pardo, nº 2 na candidatura e Lino Costas, candidato de EU-son á alcaldía de Ponteareas.
ESQUERDA UNIDA CONTEMPLA NO SEU PROGRAMA MEDIDAS DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES
DENDE A CORPORACIÓN MUNICIPAL, EU-SON ESIXIRÁ Á INCORPORACIÓN DA XERIATRÍA E A XERONTOLOXÍA AO CENTRO DE ATENCIÓN PRIMARIA DE PONTEAREAS
As persoas maiores, unha vez que abandonan o mercado laboral non deben ser aparcadas. Son moitas as políticas de apoio a este colectivo que se poden facer dende o Concello. A primeira de elas é detectar as necesidades e inquietudes das persoas maiores e esixir solucións.
No programa de Esquerda Unida de Ponteareas, contémplanse medidas para facilitar a participación das persoas maiores, a través da creación dun Consello Municipal de Servizos Sociais, para que poidan ter voz en cuestións que lles afectan máis directamente.
É necesario mellorar a dotación do Centro de Día, potenciar o servizo de atención a domicilio, incluíndo un servizo de tele-asistencia a persoas maiores que vivan soas e crear unha nova Residencia da Terceira Idade de titularidade e xestión pública para cubrir as necesidades actuais.
O Coordinador Local de EU e candidato á alcaldía de Ponteareas, Lino Costas, considera que a administración local debe potenciar un envellecemento activo saudable: o dereito ao ocio, á formación, á cultura, á práctica de actividades físicas e deportivas que fan que as persoas maiores podan intervir activamente na vida económica, cultural e política da localidade.
Sobre estas cuestións, propoñemos a creación dunha unidade municipal de control de servizos a maiores, establecer un turismo social de calidade, promover o asociacionismo das persoas maiores nos diferentes campos e a creación dun “fondo ce coñecemento solidario” onde as persoas maiores podan transmitir os seus coñecementos ás novas xeracións.
#EUson EDUCACIÓN
#EUson EDUCACIÓN
#EUson DEPORTE
#EUson DEPORTE
#EUson CULTURA
#EUson CULTURA