Participación Cidadá

O pasado 9 de novembro de 2016 celebrouse unha xuntanza no Salón de Plenos do Concello para debater o borrador do Regulamento de Participación Cidadá de Ponteareas.
Moitos colectivos sociais e políticos deste concello non foron convidados a esa reunión, o que contradí os propios fundamentos do Regulamento de Participación Cidadá. Esta cuestión atribuíuse dende o Concello a un erro da persoa responsable de enviar as convocatorias.
Finalmente sacámoslles o compromiso de dar un novo prazo de 45 días para a exposición e difusión do documento e presentación de emendas.
Tamén se comprometeron a colgar os documentos na páxina do Concello, cousa que a dia de hoxe, non se fixo.
Polo tanto será ESQUERDA UNIDA quen colgue os documentos no blogue e ponse a disposición de calquera persoa ou colectivo que queira saber máis sobre este proceso.

Borrador do Regulamento de Participación Cidadá
Normas Debate RPC
Formulario Emendas

Artigos:

Advertisement

Noticias relacionadas co ámbito de Esquerda Unida de Ponteareas

A %d blogueros les gusta esto: