Lino Costas, candidato por EU-son Ponteareas ás Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015, na manifestación do 1M.
Arquivo da etiqueta: 1º de Maio
É tempo de ESQUERDA – Patricia Pardo
Patricia Pardo, candidata por EU-son Ponteareas ás Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015, na manifestación do 1M.
O TRABALLO DIGNO PARA AS MULLERES
IMPRESCINDIBLE PARA A IGUALDADE
POR UNHA ALTERNATIVA ANTICAPITALISTA E ANTIPATRIARCAL EN EUROPA
Este 1º de Maio as mulleres VOLVEREMOS Á RÚA:
-
Porque, dende as Responsabilidades de Muller dos partidos que conformamos o PARTIDO DA ESQUERDA EUROPEA, entendemos que non pode haber xustiza nin paz sen unha saída social da crise; e non pode haber saída social da crise sen o recoñecemento dos dereitos das mulleres. Por iso cremos imprescindible a incorporación en igualdade e a participación plena das mulleres en todos os ámbitos e centros de decisión. Tamén -e moi especialmente- no ámbito laboral. As diferenzas en Europa, en canto a participación neste, aínda que inferiores ás que se dan no noso país, son tamén moi notables: a taxa de actividade das mulleres é do 58,5%, fronte ao 70,1% no caso dos homes.
-
Porque a emancipación e a liberdade das mulleres están en xogo nunha Europa onde as políticas da Troika premen constantemente os gobernos para que se rebaixen os salarios e as condicións de traballo, o que conduce ao incremento progresivo da desigualdade salarial entre mulleres e homes. Na Unión Europea, a diferenza salarial máis baixa entre mulleres e homes é do 16,2%, chegando a máis do 25% nalgúns casos, e non cesa de aumentar. Co traballo precario, un 21,2% de europeas teñen un salario inferior ao salario mínimo interprofesional. Tampouco é casualidade que os sectores de actividade onde se gaña menos e hai maior brecha salarial, sexan xeralmente sectores feminizados.
-
Porque aínda existen países na UE onde hai unha discriminación directa e sen disimulos das mulleres, con convenios colectivos que establecen “categorías femininas”, de menor rango e máis baixos salarios que os homes que realizan idéntico traballo; e noutros moitos practícase unha discriminación menos evidente, pero igualmente grave, como é o caso dos contratos a tempo parcial, que representan o 32,1% do total de contratos para as mulleres e o 9% para os homes.
-
Porque as mulleres traballadoras vivimos hoxe situacións de extrema precariedade laboral: a maioría conformamos o último elo da cadea, sufrindo a sobreexplotación imposta no mercado laboral, e cada vez máis desprotexidas dos abusos empresariais. Pero tamén porque as medidas de austeridade dos diferentes gobernos europeos conducen moitas mulleres ao traballo mergullado (que as priva do dereito a pensión, a prestacións por desemprego, etc.), ou a buscar outras formas de supervivencia, como a prostitución e o sometemento a mafias de todo tipo.
-
Porque entendemos que ningún proceso revolucionario e de cambio poderá darse sen contar co 51% da cidadanía. Sen a incorporación das mulleres non vai ser posible avanzar cara a unha Europa que se constrúa sobre os alicerces da igualdade, nun novo escenario de relacións de poder compartido entre homes e mulleres. Sen as mulleres neste proceso e sen o feminismo non haberá revolución nin cambio real.
NOSO ESTADO:
-
No conxunto do estado, onde a situación para a poboación é dramática, cunha taxa de paro, nestes momentos, do 23,78%, co número de fogares onde ningunha das persoas activas ten traballo en aumento (1,8 millóns na actualidade), unha cobertura do desemprego que cobre a pouco máis da metade da poboación no paro, un sistema sanitario que era universal e de calidade, en caída libre, etc., etc. estase a aproveitar a crise para consolidar un retroceso sen precedentes nos dereitos e a igualdade das mulleres.
-
Segundo os datos do primeiro trimestre da EPA, neste 2015 a brecha entre mulleres e homes no mercado laboral (ocupación e paro, salarios, etc.), diminuíu lixeiramente, PERO NON PORQUE MELLORASE A SITUACIÓN DAS MULLERES, SENÓN PORQUE EMPEOROU NOTABLEMENTE A DOS HOMES, debido á caída do emprego nos sectores onde os homes eran abafantemente maioritarios como é o caso da construción e a industria.
-
De continuar as actuais políticas de desregulación das condicións de traballo e de recorte dos salarios, chegaremos á igualdade… na miseria, porque aínda que son os homes os que máis empregos e salarios perderon, os nosos, os das mulleres, xa eran precarios de entrada.
-
Cunha brecha de 10 puntos, na Taxa de Emprego: Homes 62,2% (9,5 millóns), mentres as mulleres nos quedamos no 52,2% (7,9 millóns, sendo maioría na poboación activa).
-
Cunha Taxa de Paro do 24,95% fronte ao 22,7% masculino.
-
Cuns salarios, en media anual, un 31% inferior ao dos homes.
-
O “roll” de xénero (as nais son o 94,5% das excedencias para o coidado de fillas e fillos, e similar para o coidado de familiares) e o papel subalterno asignado á muller no mercado laboral, xunto aos seus baixos salarios, teñen consecuencias desvastadoras no seu acceso aos sistemas de protección social como as pensións ou a prestación por desemprego.
POR TODO O ANTERIOR, PROPOÑEMOS:
-
Rematar coa segregación horizontal e vertical do traballo nos sistemas produtivos.
-
Potenciar e incentivar o uso dos dereitos de redución de xornada e excedencia por parte dos homes.
-
Erradicar a economía mergullada, maioritariamente sustentada en mulleres.
-
A igual traballo, igualdade salarial e de condicións laborais.
-
Rematar co emprego precario e as fraudes na contratación.
-
Aumentar o permiso de paternidade a 16 semanas, non transferibles.
-
Medidas incentivadoras de compatibilización das tarefas profesionais e familiares entre todos os membros da familia.
-
Escolarización publica dos menores de 0 a 3 anos.
-
Reforzo do Estado de Benestar e dos presupostos públicos destinados a este fin, especialmente no que se refire ao coidado das e os menores, e persoas dependentes.
Reclamamos, en definitiva, un traballo digno para as mulleres, con salarios e condicións laborais que respecten o exercicio pleno dos nosos dereitos como traballadoras e como cidadás. Somos conscientes, non obstante, de que para alcanzar esa meta moitas outras cousas teñen que cambiar nas nosas sociedades. De aí que sexamos as primeiras e máis interesadas impulsoras dun sistema en que o traballo, tanto produtivo coma reprodutivo, estea ao servizo do benestar das persoas e non dos “Mercados”; que fagamos nosa a loita pola redución do tempo de traballo, repartindo equitativamente a riqueza que xeramos; pola defensa duns Servizos Públicos de carácter universal que cubran as necesidades da xente e tamén as tarefas de coidados, liberando as mulleres dunha responsabilidade que debe ser colectiva e en cuxa imposición coinciden os intereses do capital e do patriarcado.
POR OUTRA EUROPA ONDE AS MULLERES E O FEMINISMO SEXAMOS UNHA FORZA DETERMINANTE
UN 1 DE MAIO DE LOITA POLO EMPREGO DE CALIDADE E OS SALARIOS DIGNOS. CONTRA O MODELO NEOLIBERAL DE SAÍDA DA CRISE!
Na Festa Internacional do Traballo, chamamento de EU.
Enfrontamos neste 1 de Maio o intento do gran capital de consolidar un modelo de saída da crise gravemente daniño para os traballadores e traballadoras de todo tipo e inspirado na ideoloxía neoliberal.
Tratan de endosar definitivamente os custos da crise aos que viven do seu traballo, de consolidar o retroceso dos dereitos laborais e sindicais e de facer retroceder a democracia. En definitiva, de crear as condicións laborais, sociais e políticas para favorecer máis aínda a explotación. Ese é o sentido das recomendacións do Presidente do BCE, Mario Draghi, para endurecer aínda máis as reformas laborais.
No último ano, as reformas do PP e os recortes fixeron aumentar a pobreza, especialmente a feminina, e a desigualdade social. As reformas laborais do bipartidismo diminuíron os salarios e relegaron os dereitos laborais e a negociación colectiva. No que vai de 2015, os salarios foron reducidos en media un 7%, mentres as grandes empresas, especialmente as cotizadas no IBEX 35, aumentaron fortemente os seus beneficios.
O Goberno do PP non pode presentar ningún balance positivo de saída da crise ao pobo traballador. Un pouco máis de traballo a cambio de contratos precarios e salarios miserables. De novo apareceu na nosa sociedade a figura do traballador con contrato, pero pobre. Por iso lexisla para recortar as liberdades democráticas e evitar a protesta, como acontece coa chamada “lei Mordaza”.
O 1 de Maio é a Festa Internacional do Traballo. A loita solidaria de traballadores e traballadoras está no centro desta celebración. Hoxe a violencia cae con maior intensidade sobre os pobos, e especialmente sobre as súas xentes traballadoras. A causa é, como sempre, a cobiza explotadora do capitalismo; é dicir, o intento de dominar as fontes enerxéticas e a produción das materias primas.
Dende Esquerda Unida queremos expresar a solidariedade activa cos traballadores e traballadoras do mundo en loita polos seus dereitos e a nosa esixencia de que España sexa un factor de paz na política internacional.
Un aspecto dramático desta situación son as correntes migratorias que están a producir tantos mortos en Ceuta, Melilla, o Mediterráneo e outros lugares. A resposta da UE é cínica e a de España, expresada por boca do seu ministro do Interior, ademais inhumana. Todas esas vítimas, non só os mortos, son tamén consecuencias da explotación capitalista e dun sistema de relacións internacionais ao servizo dos grandes intereses económicos. É xusto recodarles nun día de loita como este.
En Europa, o pobo traballador grego enfróntase ao cerco económico, político e mediático das grandes empresas e os bancos europeos que son os que controlan a política da Comisión e o BCE. Do chamado “rescate” de Grecia, só o 9% foi parar ao pobo grego; o resto, aos bancos europeos. Por iso, tamén dicimos “Todos somos Grecia”.
En España, a corrupción aparece con toda claridade como algo funcional co sistema, un factor intrinsecamente asociado ao modelo produtivo que nos trouxo a esta situación. Un modelo produtivo que é a causa de que, se antes da crise o paro en España estaba en torno ao 9% e era algo inferior á media europea, agora mentres na UE subiu ao 12%, en España disparouse ata o 25%.
Modelo produtivo perverso, estimulado polo PP e mantido polo PSOE e causante fundamental do paro. Para Esquerda Unida, neste 1 de Maio a loita polo emprego segue sendo o elemento determinante da mobilización e das alternativas políticas.
Un emprego que ha de ser de calidade e con salarios dignos. Para logralo é imprescindible desenvolver un novo modelo produtivo, sostible e democrático. E iso, ligado a un novo proxecto de país que garanta pan, teito, e traballo, pero tamén saúde, educación e dignidade.
Para Esquerda Unida, eses son os obxectivos principais da mobilización do 1 de Maio e das alternativas políticas que nos propoñemos levar aos Gobernos de Concellos e CC.AA. nas próximas convocatorias electorais. É o tempo da esquerda e para iso, EU é necesaria.
Chamamos a toda a cidadanía, e especialmente a todos os traballadores e traballadoras a participar nas manifestacións e outras mobilizacións convocadas polos sindicatos de clase!
Chamamos o pobo traballador a loitar e organizarse para impedir ao neoliberalismo impoñer a súa saída da crise!
VIVA O 1 DE MAIO!
VIVAN OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS!
ESQUERDA UNIDA CHAMA Á MOBILIZACIÓN O 1º DE MAIO
EN PONTEAREAS A MANIFESTACIÓN SAIRÁ ÁS 19h DENDE O CONCELLO
Este 1º de Maio enfrontámonos ao ataque máis brutal e antidemocrático que sufrimos os traballadores e traballadoras en moito tempo. Presentan medidas contra a crise que son só un intento de rapiña sobre salarios, as conquistas da clase traballadora e os dereitos sociais. Non importan as persoas e os seus dereitos, senón o beneficio dos bancos e as multinacionais.
Esquerda Unida chama aos traballadores e traballadoras e á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas polos sindicatos e na convocada pola Plataforma 1º de Maio en Ponteareas, para que esta data sexa unha auténtica rebelión cidadá polos nosos dereitos. EU chama á mobilización hoxe e de aquí en diante por unha saída social da crise, polo emprego, a defensa do público, o dereito á vivenda e á igualdade.
MANIFESTO 1º DE MAIO
O 1º de Maio é unha data especialmente simbólica para a clase traballadora de todo o mundo. Con ela lembramos e recuperamos a heroica loita dos traballadores asasinados pola patronal en Chicago en demanda da xornada de oito horas, aló polo ano 1886.
Hoxe temos que loitar con mais forza que nunca, xa que o ataque que estamos a sufrir por parte do capital recorda o salvaxismo patronal do século XIX.
Os colectivos sociais máis desfavorecidos, mulleres, emigrantes, xuventude, persoas maiores, estudantes, proletarios, en definitiva a clase traballadora, sufrimos en primeira liña a explotación laboral e social, o despoxo dos dereitos máis básicos, a exclusión, a precariedade,a temporalidade, a marxinación, o paro… nun sistema capitalista sostido e xestionado polos mercados e políticos profesionais, a patronal, a banca, as grandes multinacionais.
Novamente as mulleres son as peor paradas coa reforma laboral, xa que prexudica seriamente os dereitos de conciliación da vida persoal e profesional. Coa nova formula do contrato a tempo parcial e coa ampliación do mesmo a través da posibilidade de realizar horas extraordinarias, se precariza máis se cabe a realidade laboral das mulleres, xa que concentran o 77% deste tipo de contratos. Ao igual que acontece coa retirada das bonificacións para a súa reincorporación tras a baixa de maternidade, o que supón novamente pechar a porta a inclusión laboral das mulleres, como tamén, os recortes nos servizos sociais por partida dobre.
Están degradando e recortando todo tipo de dereitos laborais, sociais, sindicais e humanos acadados pola loita da clase obreira e que en ningún momento chegaron a ser suficientes.
Hoxe temos que traballar máis para cobrar menos, temos que traballar máis anos para ter dereito a unha pensión máis pequena, obrígannos a asinar contratos en branco podendo botarnos á rúa libremente e sen indemnización, erradicaron o referente dos convenios colectivos que poñían freo os abusos das empresas.
Non podemos seguir aturando a política económica e antisocial imposta polo capital coa complicidade dos gobernos, non son os donos das nosas vidas.
A consecuencia da imposición destas medidas por parte dos partidos dos mercados son, mais de 275.000 desempregadas/os en Galicia, mais de 5.700 desempregadas/os na Comarca do Condado e mais de 3.200 no Concello de Ponteareas, consecuencias tamén son o estado lamentable no que se atopan os servizos públicos básicos como auga, sanidade, educación, dependencia e un longo etc., que a maioria padecemos.
Mentres acontece isto o goberno español por se fora pouco declara a amnistía fiscal. Con esta amnistía, o goberno prevé ingresar 2.500 millóns de euros renunciando a perseguir o fraude fiscal que está cifrado en 75.000 millóns de euros segundo fontes dos inspectores de Facenda. Feito que contrasta coa intención do goberno de reformar o Código Penal para criminalizar a mobilización social. Por outra banda, reducirá as deducións aos impostos das empresas para lograr que as grandes sociedades paguen algo máis. Así mesmo, subirá o imposto ao recibo da luz, o gas, o butano, a gasolina e a xustiza se se recorre á segunda instancia.
O 29M foi unha data moi importante na que a clase traballadora e clases populares saíron fortalecidas, pero son necesarias futuras mobilizacións como xermen das xustas loitas e accións organizadas, xunto coa unidade da clase traballadora, en Ponteareas, en Galicia, no Estado, en Europa e no mundo, até conseguir abolir o capitalismo por ser un sistema inxusto, depredador e antagonico cos principios de xustiza social, solidariedade e benestar do proletariado, que impide unha repartición xusta e equitativa do traballo e a riqueza.
CONTRA O CAPITALISMO, LOITA OBREIRA
CONTRA A PATRONAL, UNIDADE OBREIRA
CONTRA A DITADURA DOS MERCADOS, PODER POPULAR
POLOS DEREITOS DOS TRABALLADORAS/ES, LOITA OBREIRA
POLA CONSTRUCIÓN DUN MUNDO CON XUSTIZA SOCIAL, REPARTO DO TRABALLO, E A RIQUEZA, REVOLUCIÓN SOCIAL.
A PLATAFORMA 1º DE MAIO DE PONTEAREAS CONVOCA ÁS TRABALLADORAS E TRABALLADORES A MANIFESTARSE NO DÍA INTERNACIONAL DA CLASE TRABALLADORA
A Plataforma 1º de Maio, da que forman parte distintos colectivos da vila como Esquerda Unida, XC, PCG, CSA O Fresco, Plataforma de Desempregados e Desempregadas do Condado e AMC, convocou unha manifestación que sairá dende diante do Concello de Ponteareas este martes ás 19:00 baixo o lema: “UNIDADE E LOITA OBREIRA CONTRA O CAPITAL”.
Ante o recrudecemento dos ataques aos dereitos laborais e sociais das traballadoras e traballadores que se está a producir por parte das clases dominantes utilizando aos seus gobernos títeres, é máis importante que nunca que a clase traballadora se organice e loite polos seus intereses. Por iso, este primeiro de maio, data na que conmemoramos as loitas obreiras para conquerir a xornada de oito horas, é imprescindible que a clase traballadora mostre masivamente o seu rexeitamento a estes ataques.
Queremos denunciar tamén a mentira que se está tentando impoñer de que é necesario que todos nos esforcemos para saír da crise. O certo é que esta crise para o que está servindo é para que os propietarios do capital gañen aínda máis a costa dos dereitos laborais e sociais e como escusa para privatizar os servizos públicos, de xeito que poidan mercadear libremente con cousas tan básicas como a saúde e a educación.
Soamente coa mobilización e loita obreira pararemos as agresións do capital.
ESQUERDA UNIDA PONTEAREAS CHAMA Á MOBILIZACIÓN NO 1º DE MAIO
MANIFESTACIÓN EN PONTEAREAS NO DÍA INTERNACIONAL DA CLASE TRABALLADORA
Este 1º de Maio enfrontámonos ao ataque máis brutal e antidemocrático que sufrimos as traballadoras e traballadores en moito tempo. Presentan medidas contra a crise que son só un intento de rapiña sobre salarios, as conquistas da clase traballadora e os dereitos sociais. Non importan as persoas e os seus dereitos, senón o beneficio dos bancos e as multinacionais.
EU chama á cidadanía a participar na manifestación convocada en Ponteareas, para que este 1º de Maio sexa unha auténtica rebelión cidadá polos nosos dereitos. EU chama á mobilización hoxe e nos meses próximos por unha saída de esquerdas da crise, polo emprego, a defensa do público, o dereito á vivenda e á igualdade.
Queremos denunciar tamén unha vez máis o despropósito de que organizacións que se fan chamar de esquerda axuden á igrexa a desfigurar o verdadeiro sentido do Día Internacional da Clase Traballadora. Isto vense repetindo durante anos, xa que estas organizacións, en troques de chamar ás traballadoras e traballadores a mobilizarse polos seus dereitos, invitan á mocidade a participar nunha romería, incluíndo os actos relixiosos no propio 1º de maio.
Esquerda Unida de Ponteareas chama á clase traballadora a participar na manifestación convocada pola Plataforma 1º de Maio, da que forma parte xunto a outros colectivos da vila. A manifestación sairá dende os Xardíns da Xiralda ás 19:00 baixo o lema “UNIDADE E LOITA OBREIRA CONTRA O CAPITALISMO”.