Arquivo da etiqueta: Manifestacións

EU APOIA A MOBILIZACIÓN CONTRA O PECHE DA UNITARIA DE SAN MATEO DE OLIVEIRA

ESQUERDA UNIDA de Ponteareas apoia a mobilización das familias de San Mateo de Oliveira contra o peche da escola unitaria da parroquia. A agrupación local considera que o peche da unitaria suporá un recorte máis na educación pública e un empeoramento do servizo que suporá un perxuizo directo para a veciñanza de San Mateo.

EU lembra, ademáis, que o peche desta escola enmárcase nun escenario global de deterioro da educación pública. Tanto o goberno da Xunta como do Estado, leva anos a deteriorar a educación pública derivando recursos á educación privada e concertada. É unha decisión política que forma parte, sen dúbida, do carácter privatizador dos distintos partidos que levan ocupado o goberno.

Os datos son relevantes: segundo os propios informes do Ministerio de Educación, entre os anos 2001 e 2011, a porcentaxe do gasto en educación adicado á educación privada e concertada aumentouse nun 80% ao mesmo tempo que a porcentaxe do gasto total en educación en relación ao conxunto dos orzamentos do estado se mantivo máis ou menos con lixeiras subidas e baixadas. E nos seguintes anos esta tendencia mantívose. Estamos pois en condicións de afirmar que existe unha estratexia por parte das distintas administracións de promover a educación privada a costa de deteriorar a pública.

ESQUERDA UNIDA considera que apoiar a mobilización da veciñanza de San Mateo non é soamente apoiar a lexítima reclamación das persoas dunha parroquia de manter aberta a escola unitaria, tamén estamos ante unha loita que nos afecta a todas pola defensa dunha educación pública, gratuita e de calidade.

Por todo isto, EU de Ponteareas chama a toda a veciñanza de Ponteareas a sumarse á concentración prevista para o próximo 27 de agosto diante da Xunta de Galicia.

Advertisement

ESQUERDA UNIDA LEVARÁ AO PLENO O APOIO Á FOLGA FEMINISTA

No vindeiro pleno do 20 de febreiro, ESQUERDA UNIDA defenderá unha moción de apoio á Folga Feminista que terá lugar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, convocada polo movemento feminista coa colaboración de organizacións e colectivos políticos, sociais e sindicais.

Esta é unha convocatoria de denuncia fronte ás desigualdades, ás discriminacións e ás violencias estruturais que sofren máis da metade da poboación mundial, as mulleres, pero tamén de reivindicación dun novo modelo social, xusto, democrático e igualitario.

A progresiva privatización e o

s recortes dos servizos públicos esenciais, de xeito especial os de atención as persoas dependentes, os de igualdade, contra a violencia machista, sanidade e educación, precarizan aínda máis a vida da muller. Os plans de igualdade no ámbito laboral continúan sendo insuficientes, e as mulleres teñen as maiores taxas de desemprego, a maior desprotección socioeconómica, os contratos con peores condicións: maior temporalidade e xornadas a tempo parcial, os salarios máis baixos, cunha brecha salarial dun 25% menos que os homes por realizar as mesmas funcións.

Este chamamento quere ademáis, poñer en valor o traballo doméstico, de coidados, non remunerado, tamén chamado traballo reprodutivo, que non soamente é desprezado polo sistema económico, se non utilizado para ocultar carencias orzamentarias, así como facer invisible a falla de corresponsabilidade.

Por estas e moitas máis razóns ESQUERDA UNIDA instará ao Concello de Ponteareas a que apoie a Folga Feminista convocada para o 8 de marzo. Unha folga que irá enmarcada con grandes mobilizacións ao longo de todo o país, onde as mulleres tomarán as rúas para demostrar que non só hai que parar o mundo, senón que tamén hai que transformalo cambiando os seus modelos patriarcales por modelos de igualdade, xustiza, paridade, liberdade, diversidade e democracia.

Unha folga feminista contra un sistema capitalista e patriarcal que permite que as desigualdades estruturais que padecen as mulleres estean alcanzado tales niveis de gravidade e de tal dimensión, que fai ineludible tomar as rúas, as institucións e os centros de traballo para demostrar que sen as mulleres o mundo párase.

2018_folga 8M

ESQUERDA UNIDA CHAMA Á PARTICIPACIÓN NAS MARCHAS DA DIGNIDADE

A DEFENSA DAS PENSIÓNS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS SERÁN AS REIVINDICACIÓNS CENTRAIS DESTA XORNADA

cartaz-definitivo-coruna-con-modificacion-percorrido

Esquerda Unida de Ponteareas fai un chamamento á participación na mobilización convocada polas Marchas da Dignidade o vindeiro sábado 25 de febreiro na cidade de A Coruña e que, nesta ocasión, terá como reivindicación central a defensa das Pensións e dos Servizos Públicos.

As Marchas da Dignidade é unha plataforma de loita unitaria da cal forman parte máis de sesenta organizacións e colectivos veciñais, sindicais, culturais, sociais e políticos de toda Galicia e que ten por obxectivo fundamental a defensa dos dereitos da clase traballadora fronte as agresións ás que nos someten: desemprego, precariedade, desafiuzamentos, desmantelamento do servizos públicos etc.

Esta nova xornada de mobilización que terá lugar en todo o Estado, centrará a reivindicación na defensa das pensións públicas, que EU considera gravemente ameazadas. Fronte ao discurso que di que as pensións son insustentables, ESQUERDA UNIDA ten claro que isto prodúcese pola alta taxa de desemprego e precariedade que sofren as traballadoras e traballadores e que diminúe considerablemente a cotización á seguridade social. Ademais, as condicións de vida das e dos pensionistas véñense deteriorando nos últimos anos e en moitos casos atopámonos con persoas que teñen que vivir con ingresos por debaixo do limiar da pobreza. Esta non é unha situación que afecte tan só ás persoas pensionistas, se non que en todo o Estado hai un 34% de fogares que dependen en exclusiva dos ingresos dunha pensión. O recortes aplicados sobre as pensións e os servizos públicos obedecen a unha estratexia para favorecer ás pensións privadas e fomentar o lucro do sector bancario.

Por todo isto, ESQUERDA UNIDA considera de vital importancia saír a rúa para defender os nosos dereitos fundamentais. Fai, polo tanto, un chamamento á participación activa na mobilización das Marchas da Dignidade que permita unificar ás loitas da clase traballadora e poder mudar a realidade do noso país.

PONTEAREAS CONTRA A LEI MORDAZA

O PLENO APROBA A MOCIÓN DE EU-SON CONTRA A LEI DE SEGURIDADE CIDADÁ

O Pleno Municipal de Ponteareas aprobou, na sesión celebrada o pasado 18 de outubro, unha moción rexistrada por EU-son en contra da Lei de Seguridade Cidadá, tamén chamada Lei Mordaza. Na proposta rexistrada por EU-son contémplase a esixencia do Pleno Municipal ao goberno do estado da retirada inmediata da Lei Orgánica 4/2015, de 30 de marzo, de Protección da Seguridade Cidadá e dar traslado deste acordo tanto ao goberno do estado coma a todos os grupos parlamentarios. Esta moción aprobouse coa abstención de ACiP e o voto en contra do PP,

O concelleiro de ESQUERDA UNIDA, Lino Costas, expuxo a intencionalidade desta lei -aprobada en solitario polo goberno do Estado en mans do PP- que non é outra que a de impedir a mobilización cidadá contra as medidas antiobreiras do goberno. Deste xeito, pretenden meter medo á cidadanía para que non exerza o seu dereito de manifestación con sancións que van dende os 100€ para o grado mínimo e chega aos 600.000€ nos casos máis graves. Segundo esta lei, nos procedementos sancionadores as declaracións dos axentes da autoridade serán consideradas coma probas, sen necesidade de aportar probas obxectivas, sendo a persoa acusada a que debería demostrar a súa inocencia, o que vai claramente en contra do principio de presunción de inocencia establecido no Art. 11 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 10 de decembro de 1948.

Por se isto fora pouco, na lei contémplase sancionar ás persoas organizadoras das manifestacións que por calquera causa se considerasen sancionables, considerando persoa organizadora non soamente á persoa ou organización que convocara á mesma, senón a calquera persoa que se manifestara a favor ou simplemente porte bandeiras ou outros signos de apoio. Unha lei feita para coartar a liberdade de expresión da clase traballadora.

Ante esta proposta de rexeitamento da Lei Mordaza presentada por EU-son, o grupo municipal de ACiP optou por non pronunciarse ao respecto, máis o grupo do PP dixo estar totalmente de acordo coas medidas contempladas nesta lei represora e reiterou que se o PP a aprobou en solitario foi porque tiñan capacidade para facelo. Deste xeito, o PP mostra así a súa verdadeira liña política, branda cos capitais e dura coa clase traballadora.

ESQUERDA UNIDA agarda que a nova maioría parlamentaria derogue a Lei Mordaza, de non ser así, ningunha lei lle impedirá manifestarse democraticamente e chamar á mobilización contra as políticas antiobreiras do actual goberno ou dos que veñan.

ESQUERDA UNIDA CONSIDERA DESPROPORCIONADAS E INXUSTAS AS CONDENAS A DOUS VECIÑOS DE PONTEAREAS VÍTIMAS DA “LEI MORDAZA”

TESTEMUÑAS ASEGURARON QUE NON EXISTIRON AS AGRESIÓNS

O POLICÍA LESIONADO NON PUIDO ACREDITAR QUE FORA AGREDIDO POR NINGÚN DOS ACUSADOS

Dende Esquerda Unida de Ponteareas queremos manifestar a nosa repulsa ás condenas interpostas a dous veciños do concello polos feitos acontecidos en marzo de 2013 cando se produciu un alboroto entre a veciñanza que tentaba acceder ao Pleno e a policía local.

Un destes veciños foi acusado de producirlle lesións a un policía, polo que foi condenado a pagarlle unha indemnización de 1.550€ e a unha multa de 2.400€ e o outro a nove meses de cadea, por unha suposta agresión a outro axente.

O feito é que, en ambos xuízos, testemuñas presenciais declararon que en ningún momento existiron tales agresións, se non que as lesións producidas ao policía foron resultado da súa caída no momento de producirse o desorden entre a policía e a multitude, máis non produto de ningunha agresión directa por parte de ningún dos acusados.

Os que declararon no xuízo que estas agresións si se produciron non foron outros que os propios policías que estaban alí nese momento e que, por outra banda, hai que lembrar que son subordinados xerárquicos do policía lesionado.

Atopámonos aquí ante unha das consecuencias da “Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá” aprobada polo PP, popularmente chamada “Lei Mordaza”. No artigo 52 desta lei, establécese que as declaracións dos axentes da autoridade constituirán base suficiente para adoptar a resolución que proceda. É dicir, que as declaracións da policía son suficientes, sen necesidade de proba e aínda que haxa testemuños contrarios, para que un xuíz emita unha sentenza condenatoria.

Ao mesmo tempo, tamén queremos manifestar a nosa sorpresa e indignación polo feito de que fora a acusación particular, é dicir, o Concello de Ponteareas, quen solicitara a condena de cadea para un dos acusados cando a propia fiscalía non o considerou.

Por todo iso, dende Esquerda Unida de Ponteareas manifestamos o noso total rexeitamento a estas condenas e o noso máis absoluto rexeitamento da chamada Lei Mordaza por ser un procedemento administrativo que legaliza a criminalización e persecución das mobilizacións e crea un instrumento gubernamental, para imposibilitar dereitos democráticos básicos como a liberdade de expresión e de manifestación que recolle a constitución como dereitos fundamentais. Que supón un claro retroceso social, un anacronismo constitucional, un rancio concepto de orde pública e un claro atentado contra dereitos e liberdades democráticos, que son perseguidos en procedementos sancionadores que pretenden impedir a protesta, a crítica e a demostración cívica de desacordo político.

NA LOITA INCANSABLE CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

CTNL2swXAAAw43-.jpg:large

O derradeiro mes de novembro estivo marcado por unha intensa mobilización do movemento feminista na loita contra as violencias machistas.

O día 7 de novembro mobilizouse toda a sociedade, colectivos e organizacións, que consideran que as violencias machistas deben ser unha cuestión de estado, nunha masiva manifestación en Madrid. ESQUERDA UNIDA Ponteareas, como organización feminista e de clase, foi parte da mesma.

O feminicidio que sofren as mulleres en todo o mundo –48 asasinadas no Estado español e 7 en Galicia segundo datos oficiais (sendo dos anos máis sangrantes do país)– acaba por ser a forma máis visibilizada de violencia contra as mulleres. Non obstante, existen múltiples formas de violencias coas que as mulleres teñen que lidar cada día e que as abocan á precariedade, pobreza, exclusión, acosos, dependencia, enfermidades e maltrato físico e psicolóxico.

É deber do Estado potenciar as ferramentas necesarias para facer cumprir os dereitos das mulleres, sen os cales non podemos falar dunha vida digna para máis da metade da poboación.

As medidas de acción positiva son o medio máis inmediato de reducir a brecha entre as posibilidades de mulleres e homes, pero non haberá abolición do heteropatriarcado se non é tratado desde a súa raíz. Por esta razón, ESQUERDA UNIDA considera irrenunciable o traballo desde todos os ámbitos da educación, a elaboración de programas de sensibilización dirixidas a toda a sociedade e a construción do socialismo como único sistema capaz de crear as bases materias para unha sociedade de mulleres e homes libres e iguais.

ESQUERDA UNIDA APOIA AS REIVINDICACIÓNS DOS TRABALLADORES DE KAUMAN

MOBILÍZANSE POR UN INCREMENTO SALARIAL

Os traballadores da factoría de Kauman en Ponteareas mobilízanse dende hai unha semana, por un incremento salarial do 3% para este ano e o seguinte, o que suporía cobrar uns 30€ máis ao mes.

Neste momento están facendo concentracións ás portas da empresa, máis xa teñen prevista unha manifestación e tomarán outras medidas segundo o que acorden en asemblea.

Dende a dirección alegan, para negarse a este incremento salarial, que isto suporía a ruína para a empresa, pero non é certo. A empresa xera beneficios dos que, de feito, reparte unha cantidade entre o equipo directivo e os grupos altos da táboa salarial a través dos chamados Complementos de Posto de Traballo (CPT), xerando así unhas diferencias salariais de tres a un. Coma sempre, os traballadores que están a pé de fábrica quedan fora deste reparto e teñen que conformarse, segundo a empresa, cun 1.5% de incremento salarial, e soamente para este ano.

Nestes tempos, queren facernos crer á clase traballadora, que temos que agradecer un posto de traballo, o que temos de agradecer é que existan traballadores e traballadoras que non se conformen ou que se limiten a unha loita defensiva do seu posto de traballo. Loita, por outra parte, moi digna e necesaria tamén.

Sen dúbida, xurdirán voces desinformadas, voces enganadas polo discurso do capital, que consideren a estes traballadores uns privilexiados e que deberían conformarse con cobrar 1000€ mensuais. Pero o certo, é que o que reivindican estes traballadores, non é máis que unha ínfima parte do valor que están a xerar co seu propio traballo.

Por iso, a súa loita é unha loita pola dignidade, unha loita que non é solo súa, se non que nela estamos representados e representadas o conxunto da clase traballadora.

Dende Esquerda Unida apoiamos totalmente as reivindicacións dos traballadores de Kauman e chamamos a toda a veciñanza a apoialos nas súas mobilizacións.