• Arquivo

  • Categorías

  • Secións

  • Panel de control

  • Estatísticas

    • 17.010 Visitas

MOCIÓN EN DEFENSA DO POBO PALESTINO E DE CONDENA Á AGRESIÓN BÉLICA DE ISRAEL

Lino Costas

Lino Costas, Coordinador da Agrupación Local de Esquerda Unida no Concello de Ponteareas, rexistrou hoxe no Concello para a súa aprobación no vindeiro pleno a seguinte

MOCIÓN EN DEFENSA DO POBO PALESTINO E DE CONDENA Á AGRESIÓN BÉLICA DE ISRAEL.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Co pretexto do secuestro e do asasinato non aclarado de tres novos estudantes israelís das colonias en Cisxordania ocorridos o 12 de xuño, o goberno Israelí lanzou unha vez máis outra das súas operacións de castigo sobre a poboación palestina encerrada na Franxa de Gaza. Mentres o goberno israelí incitou ás represalias, os lemas racistas e ataques contra a poboación palestina estendéronse nos medios e nas rúas de Israel, o que resultou no asasinato dun adolescente palestino que foi queimado vivo en Xerusalén por uns israelís ultras o pasado 1 de xullo.

O martes 7 de xullo, Netanyahu iniciou unha operación militar de gran envergadura contra a Franxa de Gaza, satisfacendo así as esixencias do seu Ministro de Exteriores.

Os bombardeos foron constantes e sacudiron día e noite todo o territorio da Franxa de Gaza. Os brancos do Exército israelí foron os barrios máis poboados, golpeando centos de casas, hospitais, ambulancias, unha mesquita á hora do rezo, un hospital xeriátrico, un centro destinado ao coidado de persoas discapacitadas, o sistema de saneamento e de distribución de auga, etc. Foron asasinadas cruelmente até a data, medio milleiro de persoas, un 80 por cento delas nenos e nenas, mulleres e persoas maiores. Milleiros de persoas feridas e centos de miles de desprazadas.

As masacres civís repítense ciclicamente en Gaza. Lembramos con horror a operación denominada Chumbo Fundido na que morreron máis de 1.400 persoas ou a de Pilar defensivo na que houbo 170 vítimas mortais. A pesar das evidencias, ningún dos responsables israelís por estes crimes de guerra e crimes contra a Humanidade foi procesado. Condenamos estes crimes atroces contra unha poboación indefensa, así como os ataques racistas do Exército, policía e colonos israelís contra as palestinas e palestinos de Cisxordania, Xerusalén Este e Israel.

A Franxa de Gaza é unha das zonas máis densamente poboadas do mundo e unha operación de bombardeo masivo non pode supor outra cousa que o xenocidio de poboación inocente. Unha vez máis o Estado de Israel está a demostrar o seu carácter de Estado terrorista cun dos exércitos máis poderosos do planeta, armado pola artillaría e coa impunidade e o silencio dunha comunidade internacional e uns organismos de dereitos humanos que só alzan a súa voz e actúan en defensa dos verdugos. Parécenos extraordinariamente grave que a comunidade internacional (EE.UU. e os países da Unión Europea, España incluída) permita ao goberno de Israel este tipo de comportamentos criminais.

Como en todos os conflitos do mundo, a solución ao conflito entre o estado de Israel e o pobo palestino virá pola vía do diálogo e a negociación, como reivindicaron desde o pobo palestino miles de veces.

Pola súa banda, o Consello de Seguridade da ONU chamou a israelís e palestinos a restaurar o cese do fogo e a protexer á poboación civil en cumprimento da lexislación humanitaria internacional, faino cando xa morreron máis de 200 palestinos e palestinas nos últimos ataques.

Con todo Israel négase a acatar as resolucións internacionais e a respectar os dereitos humanos máis elementais da poboación palestina. A construción do muro en Cisxordania e o bloqueo de Gaza, que dura máis anos, supoñen castigos colectivos para o conxunto da poboación palestina.

Por todo iso, o Concello de Ponteareas adopta os seguinte ACORDOS:

  1. Este Concello mostra a súa máis rotunda condena á agresión do Goberno de Israel ao pobo palestino.

  2. Instar o Goberno español que condene o ataque e que rompan todas as relacións con Israel.

  3. Instar á ONU a que poñan ao Estado de Palestina baixo a protección internacional.

  4. Instar á ONU crear unha comisión de investigación sobre os bombardeos israelís en Gaza.

  5. Esixir ao Goberno de Israel para que en cumprimento da resolución 242 C.S. da ONU, 22 de novembro de 1967 proceda ao retiro militar dos territorios árabes ocupados a Palestina incluíndo Xerusalén Este, as alturas do Golán de Siria e o Sinaí de Exipto; fixando as súas fronteiras internacionais.

  6. Esixir o derrubo do muro e que se reparen os danos ocasionados polo bloqueo.

  7. Promover desde o Concello unha campaña de axuda de emerxencia para paliar a situación que se está vivindo na franxa de Gaza, atendendo así ao chamamento de Cruz Vermella para pedir axuda humanitaria.

  8. Dar traslado dos acordos ao Presidente do Goberno, ao Ministro de Exteriores, ao embaixador israelí, a todos os grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados.

#FreePalestine

 

 

A DELEGACIÓN DA IZQUIERDA PLURAL NO PARLAMENTO EUROPEO RECLAMA A ISRAEL O FIN DOS BOMBARDEOS EN GAZA

non á invasión imperialista

Dende a delegación de Izquierda Plural no Parlamento Europeo trasladouse á Embaixada de Israel para a Unión Europea a preocupación polos ataques a hospitais que o exército israelí está a efectuar na franxa de Gaza.

Nunha carta remitida hoxe á delegación israelí ante a UE os eurodeputados e as deputadas demandaron o goberno de Israel que poña fin inmediatamente aos ataques que se cobraron xa preto de 200 vítimas e máis de 1000 feridos.

Así mesmo os/as europarlamentarios/as informaron que no Hospital Wafa, atacado esta pasada noite, hai civís que actúan de xeito pacífico como escudos humanos e entre os que se encontra un cidadán español, polo cal fan responsable da súa seguridade exactamente igual que a dos demais pacientes e todo o persoal médico do citado hospital.

Os europarlamentarios Couso, Albiol, Vallina, López e Senra do mesmo modo esixen á Alta Responsable a señora Ashton a suspensión do acordo de asociación UE-Israel ao estar a violar este último o seu artigo 2 que supedita o mesmo ao cumprimento dos Dereitos Humanos.

Desta forma os eurodeputados subliñaron que “é inaceptable que a Unión Europea, que se reclama abandeirada das liberdades e os dereitos humanos, manteña un acordo de asociación cun Estado, como é o de Israel, que mantén unha sistema de apartheid contra a poboación palestina da Franxa, que ocupa ilegalmente territorios palestinos, que practica o asasinato extraxudicial, que permite a tortura, que encarcera menores e que bombardea áreas civís empregando armamento prohibido polas convencións de Xenebra”.

Non estamos dispostos a aceptar que, unha vez máis todos, estes crimes contra a humanidade queden de novo impunes, polo que esiximos unha posición de firmeza por parte da Unión Europea. A Comunidade Internacional non pode manterse cega e muda ante os constantes bombardeos sobre unha das zonas con máis densidade de poboación do mundo que constitúe de feito un cárcere a ceo aberto”.

ESQUERDA UNIDA DE PONTEAREAS CHAMA A CIDADANÍA A PARTICIPAR NA MOBILIZACIÓN DE PROTESTA CONVOCADA PARA ESTE MARTES DIANTE DO CONCELLO DE PONTEAREAS

EU DENUNCIA OS BOMBARDEOS ILEGAIS E CRIMINAIS DO GOBERNO ISRAELÍ SOBRE O POBO PALESTINO NA FRANXA DE GAZA

EU RECLAMA A SUSPENSIÓN DO ACORDO DE ASOCIACIÓN COA UE NAMENTRES CONTINÚE ESTA CRIMINAL VIOLACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS

O Consello Local de ESQUERDA UNIDA en Ponteareas quere denunciar publicamente, ante a nosa cidadanía, o comportamento ilegal e criminal do goberno israelí, que mantén unha constante violencia sobre os territorios ocupados ao pobo palestino dende hai máis de medio século.

Os continuos bombardeos sobre a poboación civil palestina que se producen nestes días cheiran a exercicio electoralista dos grandes partidos israelís que tentan gañar votos matando civís palestinos. Agresións militares que se volcan sobre a cidadanía palestina cuxas armas son a razón e a resistencia a unha ocupación militar que se remonta a 1967, coa guerra de agresión chamada dos Seis Días.

Esquerda Unida chama a nosa veciñanza a se mobilizar na protesta convocada por diversas entidades sociais da vila para este martes, 20 de novembro, ás 20:30 diante do Concello de Ponteareas. Suman xa somentes nestes días mais de 90 mortos palestinos, entre eles varios cativos, as accións terroristas do Estado de Israel, que Esquerda Unida está a denunciar en todos os foros europeos, incluído o Parlamento de Estrasburgo.

O eurodiputado Willy Meyer, ven de reclamar que se suspenda o acordo de asociación preferencial coa UE que ten Israel entanto non cesen estas criminais violacións dos dereitos humanos.

A %d blogueros les gusta esto: