Arquivo da etiqueta: Ramón Vázquez

OS DEPUTADOS DE AGE RAMÓN VÁZQUEZ E XABIER RON VISITARON CENTROS DE ENSINO DE PONTEAREAS

Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda consideran unha insensatez a infrautilización do comedor escolar no CEIP Ramiro Sabell, dada a alta demanda e necesidade deste servizo.

No CEIP Bouza Brey puideron constatar o abandono das instalacións e a pertinencia das vellas reivindicacións da ANPA e o resto da Comunidade Educativa.

Xabier Ron e Ramón Vázquez con membros do Equipo Diretivo e da ANPA no CEIP Ramiro Sabell
Xabier Ron e Ramón Vázquez con membros do Equipo Diretivo e da ANPA no CEIP Ramiro Sabell

Este venres dous parlamentarios de AGE, Xabier Ron e Ramón Vázquez visitaron os centros de infantil e primaria Ramiro Sabell e Bouza Brey, para interesarse polas problemáticas máis acuciantes de ambos centros, reuníndonse con directores e directivas das ANPAS.
Comprometéronse a dar traslado ao Parlamento de Galicia de propostas encamiñadas a solucionar cabalmente as problemáticas presentadas.

Advertisement