Ponteareas en común presenta o seu programa de goberno e estrea páxina web

🔻🟣 Dende 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲𝗮𝗿𝗲𝗮𝘀 𝗲𝗻 𝗰𝗼𝗺𝘂́𝗻 levamos meses traballando na construción desta alternativa política que chega chea de ilusión, xentes comprometidas e ideas de esquerda.

Hoxe presentamos a nosa web, froito do esforzo de moitas xentes e do traballo en equipo, onde podedes atopar os noso obxectivos políticos, o programa de goberno e as xentes que se comprometen con este espazo político. Imos, coa ilusión do cambio e as xentes comprometidas!

PINCHA AQUÍ

https://ponteareasencomun.my.canva.site/

#Ponteareas#encomún

Ponteareas en común presenta a súa candidatura nunha sala multiusos a rebosar de xente

A coalición, encabezada por Manoel Ucha e Patricia Pardo, contou co apoio de Eva Solla e David Bruzos, nunha presentación que encheu a sala multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo

A candidatura de Ponteareas en común está formada por persoas procedentes dos movementos sociais, apostando deste xeito por conectar o traballo social de base coas institucións, algo fundamental no traballo cotiá deste espazo político. Ambas organizacións deron a coñecer as persoas que conforman a lista electoral e que está formada por perfís moi diferentes, co propósito común de traballar pola mellora das condicións de vida das persoas e o coidado do entorno. Este espazo político pulará pola recuperación dos servizos públicos privatizados, como a xestión da auga,  a democratización da xestión municipal e a aposta pola igualdade real entre mulleres e homes colocando a vida e os coidados no centro. 

Manoel Ucha, candidato á alcaldía declara que “Temos as mellores persoas para representar ás xentes do común. Temos ilusión, talento e capacidade de traballo para defender un programa de goberno construído grazas a participación de decenas de persoas. O vindeiro 29 de maio comezará unha nova etapa en Ponteareas, no 2015 conseguimos botar á dereita e no 2023 conseguiremos implementar políticas de esquerda real”.

Tras Manoel Ucha e Patricia Pardo, a lista segue con Pilar Ferreiro, Lino Costas, Jonathan Martínez e Melca Ruiz. No posto número 7 e 8, aparecen Anxo Saborido e Vanesa Martínez respectivamente, no 9 Mario Lago, o que foi concelleiro súmase a este espazo coa idea clara de sumar polo ben común. No posto número 10 aparece Lucía Cantalapiedra, activista social e muller comprometida co dereito a unha vivenda digna. A candidatura continúa con persoas moi novas e comprometidas co dereito a unha cultura e ocio diverso como Mateo Gómez e Anxo G. Teixeira e a profesora e activista social, Saínza González. A lista complétase coas activistas sociais Puerto Urbieta, Borja Rodríguez, as militantes María Hidalgo e Rosalía Areal, a profesora do IES Val do Tea Lourdes Ferreiro, o militante sindical Alberto López e con Sabela Rodrígues, muller de 24 anos licenciada en Belas Artes. Pechando a candidatura, aparece Pablo Fernández, experto en mobilidade e desenvolvemento urbano sostible, membro da coordinadora local de Esquerda Unida e militante cunha longa traxectoria activista.

Ponteareas en común presentou este sábado, nunha sala multiusos chea ata a bandeira, unha candidatura comprometida cos dereitos dos e das traballadoras, que vai colocar todo o seu talento, experiencia e traballo na construción dunha vila que non deixe a ninguén atrás. O 15 de abril ás 19h, presentará o seu programa de goberno na Casa Cultural de Angoares, nun acto que debuxará as liñas políticas acordadas durante meses nas xuntanzas programáticas. 

Patricia Pardo indicou que “Sigo en política porque en Ponteareas en común, e nas organizacións que a conforman, atopei das mellores persoas que coñecín na miña vida, dispostas a traballar dende a honestidade. Temos o compromiso de que imos traballar pola xente do común e tede o convencemento que non imos defraudar”.

Ponteareas en común presenta a súa candidatura o vindeiro sábado 1 de abril ás 19h na sala multiusos do auditorio Reveriano Soutullo

A coalición contará co apoio de Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, e David Bruzos, que foi deputado no Congreso, profesor no IES Pedra da Auga e na actualidade está inscrito en Podemos

A candidatura, encabezada por Manoel Ucha e Patricia Pardo, está formada por persoas procedentes dos movementos sociais, apostando deste xeito por conectar o traballo social de base coas institucións, algo fundamental no traballo cotiá deste espazo político.

Ambas organizacións presentan unha candidatura formada por perfís moi diferentes, pero co propósito común de traballar pola mellora das condicións de vida das persoas e o coidado do entorno. Este espazo político pulará pola recuperación dos servizos públicos privatizados, como a xestión da auga,  a democratización da xestión municipal e a aposta pola igualdade real entre mulleres e homes colocando a vida e os coidados no centro. 

Tras Manoel Ucha e Patricia Pardo, a lista segue con Pilar Ferreiro, Lino Costas, Jonathan Martínez e Melca Ruiz. No posto número 7, aparece Anxo Saborido, licenciado en dereito pola UVigo. O que foi presidente do grupo ecoloxista Adenco entre os anos 2000 e 2022 e actualmente secretario da Federación Galega de Montañismo, súmase ao espazo de Ponteareas en común convencido de que a suma desde a esquerda municipalista é clave para cambiar as prácticas actuais do goberno local. O número 8 estará ocupado por Vanesa Martínez, educadora social e traballadora do sector da xestión de residuos, ten unha ampla traxectoria como activista nos movementos sociais que loitan contra a exclusión social, a pobreza e en favor da vivenda digna. 

Ponteareas en común presenta o vindeiro sábado 1 de abril ás 19h na sala multiusos do auditorio Reveriano Soutullo unha candidatura comprometida cos dereitos dos e das traballadoras, que vai colocar todo o seu talento, experiencia e traballo na construción dunha vila que non deixe a ninguén atrás. O 15 de abril, tamén ás 19h, presentará o seu programa de goberno na Casa Cultural de Angoares, nun acto que debuxará as liñas políticas acordadas durante meses nas xuntanzas programáticas. 

Manoel Ucha, adianta que “O sábado imos presentar a lista completa, que está chea de persoas que defenderán as ideas de xustiza social que representa este espazo político. Contar con perfís independentes como Pilar Ferreiro, Anxo Saborido, Vanesa Martínez, Mario Lago, Lucía Cantalapiedra, Anxo Giráldez, Saínza González ou Mateo Gómez é mostra de que este espazo político vén coa idea de ter un resultado importante o vindeiro 28 de maio co único obxectivo de comenzar a traballar para facer políticas de esquerdas para construír unha Ponteareas chea de dignidade a partir do día 29”.

O sábado 25 de marzo Ponteareas en común debaterá o programa de goberno para as eleccións municipais de maio do 2023 nas áreas de mocidade, persoas maiores, cultura, deporte e animais.

A coalición celebrará o vindeiro 1 de abril ás 19h un acto público na sala multiusos do auditorio Reveriano Soutullo onde presentará as xentes que formarán a candidatura coa que se presentan ás eleccións de maio

Na última xuntanza, que tratou sobre Feminismo, Educación e dereitos LGTBI, decidiuse apostar polas escolas rurais e unitarias, ampliar as prazas da Escola Pública Infantil de Ponteareas, aumentar a rede educativa municipal de ensinanzas artísticas (música, teatro, etc.) cunha correcta xestión pública e acondicionar os comedores nos centros educativos e abrilos todo o ano, dotando a todos dos mesmos recursos e garantindo o transporte. Así mesmo acordouse garantir este servizo de comedor como unha das prioridades da política social da vila tendo en conta o contexto de emerxencia social e precariedade que vive a vila. Ademais, Ponteareas en común comprometeuse a que, se chega ao goberno municipal en maio do 2023, crear un plan de apoio educativo para o alumnado con necesidades de aprendizaxe.

A última xuntanza programática celébrase na sede de Esquerda Unida (Rúa Amado Garra, 12) o sábado 25 de marzo ás 10h co gallo de acordar o programa de goberno nas áreas de mocidade, persoas maiores, cultura, deporte e animais. Manoel Ucha, candidato á alcaldía por Ponteareas en común, declara que “Seguimos traballando desde a participación da cidadanía e recollendo as súas necesidades. Para preparar esta xuntanza programática envíamos unha enquisa á mocidade da vila, onde responderon máis de cento trinta mozos e mozas, coa cal obtivemos moitas ideas que imos ter en conta no programa de goberno. A escoita e a participación serán as nosas ferramentas para gobernar para e coas persoas.”

Este xeito de abrir o debate a calquera persoa do pobo que queira colaborar na elaboración do programa electoral, alén da súa militancia e simpatizantes, responde a ideoloxía social e colaborativa dos dous partidos, que queren que os seu programa sexa cen por cen transparente, escoite á cidadanía e presente solucións tanxibles e reais os problemas da vila, deixando de lado os panfletos cheos de promesas baleiras que soamente serven para facer campaña con fins populistas.

Dende Ponteareas en común recalcan que “As políticas de mocidade e xuventude son esenciais para artellar proxectos que fixen poboación na nosa vila e rematen, dunha vez por todas, coa marcha de mozos e mozas a vivir a outras vilas”. 

Ponteareas en común anuncia que presentará a súa candidatura nun acto público o vindeiro 1 de abril ás 19h na sala multiusos do auditorio Reveriano Soutullo que presentará o ex-concelleiro e número catro da lista, Lino Costas e onde estarán presentes, Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, David Bruzos, que foi profesor no IES Pedra da Auga e actualmente membro de Podemos, Patricia Pardo e Manoel Ucha xunto ao resto de candidatos e candidatas da lista electoral.

UNIDAS PODEMOS LEVOU AO CONGRESO DOS DEPUTADOS E DEPUTADAS A SITUACIÓN DO GRUPO GANOMAGOGA

Ponteareas en común mostra o seu apoio a todos os traballadores e traballadoras da empresa e eleva ao congreso a situación da fábrica ponteareá

A iniciativa de Ponteareas en Común (Esquerda Unida e Podemos), o Grupo Parlamentario de Unidas Podemos- En Comú Podem-Galicia En Común, rexistrou o pasado venres 10 de marzo na Mesa do Congreso dos Deputados unha serie de preguntas ao respecto da situación de Talleres Ganomagoga e do Grupo Ganomagoga.

No documento rexistrado, ademais de expoñer a situación na que se atopa na actualidade o persoal de Ganomagoga, fanse unha serie de preguntas sobre a situación económica e financeira de dita empresa, sobre as subvencións ou axudas públicas que recibiu do Goberno o Grupo Ganomagoga e sobre que medidas ten previsto levar a cabo o Goberno para manter os postos de traballo.

A principal actividade do Grupo Ganomagoga está dedicada á fabricación de tubos para aeroxeneradores. Por iso a confluencia de esquerdas entende que esta situación, ademais de ser tremenda para a situación de centos de traballadoras e traballadores é contraditoria coa necesidade actual de aumentar a capacidade produtiva en materia de enerxías renovables. A este respecto, Manoel Ucha, candidato ás Eleccións Municipais de 2023 por Ponteareas en Común, manifestaba que, “Non ten sentido perder a capacidade produtiva nun sector estratéxico coma este ao mesmo tempo que se pretende aumentar a produción de enerxía eólica. Mellor ou peor planificados, esa é outra cuestión, o certo é que a previsión é a de crear decenas de parques eólicos en Galicia. O lóxico sería acercar a produción ao seu destino final,  non ter que traer de fora os tubos co conseguinte aumento do gasto enerxético, de emisión de gases e perda de creación de valor no propio territorio.”

Ponteareas En Común agarda que o feito de levar estas preguntas ao Goberno de España sirva para que este  tome en consideración o problema e de xeito inmediato inicien actuacións para garantir os postos de traballo e a capacidade produtiva.

Ponteareas en común mostra o seu apoio aos traballadores e traballadoras de Ganomagoga que están nunha situación límite pola mala praxe empresarial

Dende as forzas políticas que forman a coalición reclaman que a situación dos traballadores e traballadoras de Ganomagoga require de intervención pública urxente

O Grupo Ganomagoga está formado por catro empresas das cales Talleres Ganomagoga SL é a principal en canto a número de traballadores e traballadoras (106 dun total de 140), volume de traballo e facturación. Esta empresa, que facturou 15 millóns de euros no ano 2020 e 13 no 2021, acolleuse entre abril de 2020 e marzo de 2022 a avais do estado no marco dos “Avais á financiación a empresas e persoas autónomas concedidos polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para paliar efectos do COVID 19” por valor de case 5 millóns de euros.

A empresa comenzou a incumprir cos pagos ao persoal coa paga extra de decembro de 2022 e a partires de ahí sucedéronse is incumprimentos no pago dos salarios. Na actualidade, logo de recorrer a medidas de presión coma mobilizacións e a retención dos tubos de aeroxeneradores que aínda estaban no interior das instalacións, as traballadoras e traballadores recibiron o salario adebedado do mes de febreiro.  

Aínda así, a empresa comunicou este xoves 9 de marzo a intención de iniciar un ERE de extinción para todo o personal e o inicio do período de consultas o xoves 16, polo que logo de distintas comunicacións pouco claras por parte da empresa, reveláronse finalmente as súas verdadeiras intencións de peche.

Na situación actual de emerxencia debido ao quecemento global, a produción de enerxía renovable ten un carácter estratéxico. O Estado Español recibirá nos vindeiros meses máis de 200.000 millóns de euros entre préstamos e subvencións dos fondos Next-Generation. É dicir, financiaremos con capital público o 40% de proxectos que quedarán en mans privadas, pero ao mesmo tempo o Estado permitirá que traballadores e traballadoras que levan anos dedicando o seu traballo ao proceso de produción de enerxía eólica, como é o caso do persoal do Grupo Ganomagoga de Ponteareas, queden na rúa. Neste sentido, o persoal da empresa comezou xa unha serie de contactos institucionais e mobilizacións. Con este motivo concentraranse o vindeiro luns 13 de marzo ás 13:15 diante do Concello de Ponteareas e teñen prevista unha manifestación para o 16 de marzo que sairá dende o taller da empresa en Areas ás 18:30 e que irá tamén ata o concello.

Dende Ponteareas en común mostramos o noso total apoio aos traballadores e traballadoras de Talleres Ganomagoga e as empresas dependentes do grupo empresarial e entendemos que a industria dedicada ao sector enerxético de renovables debe ser considerado como un sector prioritario. Polo tanto, o Estado debe manter e aumentar a capacidade de produción de elementos destinados á xeración de enerxía renovable, polo que reclamamos que a través do SEPI ou dos mecanismos que se consideren máis axeitados, fágase cargo do Grupo Ganomagoga e que garanta, de forma inminente, os postos de traballo e a capacidade de produción da empresa. A este respecto Ponteareas en común trasladou ao grupo parlamentario de UP esta situación de cara a acadar unha solución.

O coordinador local de Esquerda Unida Ponteareas e traballador de Talleres Ganomagoga, Lino Costas, reclama que “As institucións deben actuar de forma urxente para garantir todos os postos de traballo e dende a nosa organización imos loitar porque así sexa”.

Ponteareas en común será a marca oficial de Esquerda Unida e Podemos para as eleccións municipais do 28 de Maio

Ambas organizacións decidiron apostar por un novo nome que visibilice a importancia de sumar sinerxías dende a esquerda na vila e que represente por igual a ambas forzas.

Ponteareas en común, o novo nome baixo o que se presenta a coalición de Esquerda Unida e Podemos ás eleccións de maio coa intención de obter representación e loitar pola capacidade de decisión e influír na política municipal dos vindeiros catro anos, sempre dende unha óptica social e de igualdade. Manoel Ucha, candidato á alcaldía, destaca que “Estamos a construír un espazo amplo na esquerda municipalista que coloca a vida e os coidados no centro e que vive ilusionada por converter a Ponteareas nunha vila que non deixa a ninguén atrás. Saímos ás eleccións municipais coa intención clara de entrar con forza no pleno municipal. Coa ilusión da xente do común”. 

O lanzamento desta marca de partido, deixa clara a intención das forzas que a compoñen de traballar por obxectivos comúns, baixo un paraugas único, máis forte que nunca. Ábrese desta forma unha nova etapa para ambas organizacións dende unha fronte unida.

Ponteareas en común non soamente é novidade en canto nome, tamén ten unha nova imaxe que represente a ambos partidos. Esta nova marca verá a luz de xeito oficial na presentación da candidatura para o 1 de abril ás 19h na Sala Multiusos do Auditorio. Patricia Pardo, número 2 da lista electoral, informa que “A candidatura estará formada por militantes de Esquerda Unida, Podemos e independentes, chea de persoas comprometidas coa xustiza social e que levan anos traballando na mellora de Ponteareas. O noso espazo político vén coa disposición de seguir medrando con persoas procedentes do tecido asociativo, dos movementos sociais e de todas as loitas xustas”. 

O realmente importante desta nova marca é a ideoloxía e o programa que ten detrás. A presentación deste programa será o vindeiro 14 de abril cun acto onde se explicará o resultado final dos acordos chegados nas cinco asembleas abertas que foron celebrándose desde o mes de xaneiro. A posta en marcha dunha comunidade enerxética coa participación activa das zonas rurais, remunicipalizar a xestión da auga e outros servizos esenciais coa creación dunha empresa pública, dotar aos Servizos Sociais de novas figuras profesionais, crear un parque de vivenda pública e un punto limpo móbil que dea servizo de calidade ás parroquias son unha pequena mostra das propostas que serán detalladas nese acto. 

Baixo esta nova perspectiva, e cun programa renovado e participativo, Ponteareas en común chega ao panorama político da vila para ser a ilusión do cambio, e dar á cidadanía da vila unha alternativa real de esquerdas que faga as cousas de xeito diferente á política tradicional do actual goberno. 

Igualdade, dereitos LGTBI, aposta polas escolas rurais e unitarias e ampliación de prazas da Escola Pública Infantil de Ponteareas súmanse o programa de propostas de Esquerda Unida e Podemos.

  • O obxectivo é ampliar a rede educativa municipal de ensinanzas artísticas (música, teatro, etc.) cunha correcta xestión pública.
  • Outro dos puntos engadidos no seu programa é acondicionar os comedores nos centros educativos e abrilos todo o ano, dotando a todos dos mesmos recursos e garantindo o tranposrte. O mantemento do servizo de comedor para as nenas e os nenos con escaso recursos económicos ou en risco de exclusión social trátase dunha prioridade no contexto de emerxencia social actual que vive Ponteareas.
  • Crear un plan de apoio educativo para o alumnado con necesidades de aprendizaxe é outro dos obxectivos que serán executados no caso de ter responsabilidades de goberno.

Podemos e Esquerda Unida Ponteareas seguen co seu calendario de xuntanzas programáticas abertas a toda a poboación da vila para elaborar o programa de goberno para as eleccións municipais de maio. A presentación do documento completo farase a mediados do mes de abril.

A última xuntanza da  pasada semana centrouse nas políticas de igualdade, dereitos LGTBI e educación. Entre as medidas incluídas no seu programa atopamos impulsar as escolas rurais e unitarias, ampliar as prazas de Escola Pública Infantil, acondicionar os comedores para mellorar a conciliación familiar, fomentar os centros municipais de FP, desenvolver campañas de sensibilización en materia de igualdade e diversidade afectivo-sexual, mellorar o funcionamento do CIM e cumprir o Plan de Igualdade que deberá ser seguido por todas as concellerías.

Na reunión aprobáronse propostas de mellora no funcionamento e o traballo da Concellería de Igualdade, o cal queren que conte con persoal específico e cun orzamento suficiente para as políticas propias dirixidas ás mulleres. Tamén acordouse crear un Observatorio de Xénero Municipal encargado de afondar na análise da realidade de Ponteareas en relación de igualdade, ampliando o foco á situación das mulleres na contorna rural da vila. Este observatorio terá como obxetivo ser un espazo de debate e de constante análise da realidade da vila para garantir que Ponteaeas é un espazo igualitario.

Estas medidas van enfocadas, en palabras da número dous da candidatura, Patricia Pardo, a “Construír unha Ponteareas que se sinte orgullosa da diversidade, que aplica políticas de igualdade entre homes e mulleres e que ten, entre as súas prioridades, combater a lacra da violencia de xénero atendendo como debe ás vítimas”.

A última das xuntanzas programáticas celébrase na sede de Esquerda Unida Ponteareas (Rúa Amado Garra, 12) o sábado 25 de marzo ás 10h para acordar o programa de goberno nas áreas de mocidade, maiores, deporte e cultura.

Manoel Ucha, candidato á alcaldía do espazo político, insiste na necesidade de “Facer de Ponteareas unha vila que non deixa ningunha persoa atrás e que coloca a vida e os coidados no centro” e recorda “Todas as reunións programáticas son abertas a calquera persoa do pobo e estamos con moita ilusión de ver como as persoas están a participar e a aportar ao programa de goberno”.

Esquerda Unida Ponteareas solicita transparencia ao goberno local sobre a Área de Planeamento Especial da rúa Sarmiento Rivera

Dende o grupo municipal insisten na urxencia de modificar a práctica habitual do actual goberno de ocultar información e usar as redes sociais do concello como ferramenta propagandística

Na Área de Planeamento Especial (APE-14), xunto a  av. Sarmiento Rivera, o PXOM permite a construción conxunta dunha área comercial de 3.440 m2 e de 6.700 m2 de vivendas. O Desenvolvemento desta área permítelle á propiedade edificar 10.140 m2 a cambio de ceder terreo para unha nova vía de acceso ao propio edificio e para un parque público.  Na ficha desta APE-14 descríbese a edificación permitida nesta parcela: en planta baixa permítese construír unha superficie de 3.440 m2 e, sobre esta planta, un bloque de 5 plantas a maiores.

Denunciamos que o Goberno municipal está ocultando a posibilidade de que se constrúa un bloque de vivendas vinculado á zona verde en obras na actualidade. Chegando a mostrar unha imaxe na que só aparece a área comercial; cando no PXOM se establece que os 10.140 m2 se deben executar con unha licenza única para a totalidade da edificación.

O Concello anunciou que “Ponteareas aproba a creación dun novo parque público de 3.000 metros cadrados na Avenida Sarmiento Rivera”. No comunicado indican que “as obras iniciaranse xa a vindeira semana e non terán custo para o Concello de Ponteareas, xa que se trata dunha obriga dos propietarios dos terreos recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para poder desenvolver o resto da área con usos comerciais.” Ademais, recalcan que “Unha vez entregado o parque ao Concello, os propietarios dos terreos colindantes prevén desenvolver os seus usos comerciais e obter os permisos para crear un grande equipamento comercial no ámbito da alimentación”.

“Dende a nosa organización fixemos unha análise e consideramos importante que o goberno local comunique con claridade o que se vai realizar na parcela de Sarmiento Rivera. Parece contradictorio que o Concello anuncie, a través de comunicados e de imáxenes, que se construirá só un edificio comercial, mentras no PXOM permite, ademais, a construción dun bloque de vivendas”, declara Manoel Ucha.

Neste sentido, o candidato á alcaldía polo espazo político Esquerda Unida e Podemos Ponteareas indica que “É importante que unha coalición como a nosa teña forza no Pleno Municipal para garantir transparencia en todos os proxectos e evitar estas prácticas que fan recordar épocas pasadas”.

O SÁBADO 25 DE FEBREIRO ESQUERDA UNIDA E PODEMOS DEBATERÁN O PROGRAMA DE GOBERNO PARA AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE MAIO DO 2023 NAS ÁREAS DE FEMINISMO, DEREITOS LGTBI E EDUCACIÓN

Esquerda Unida e Podemos avanzan nas asembleas programáticas e animan a toda a cidadanía a participar neste formato aberto de toma de decisión.

Na última xuntanza, que tratou sobre Servizos Sociais, Vivenda e Saúde Pública, decidiuse crear un parque de vivenda pública como eixo das políticas de protección social, aumentar o persoal dos Servizos Sociais e crear postos de profesionais inexistentes ata agora como Educación Social, Integración Social e Animación Sociocultural, esta última sería un posto a cabalo entre os departamentos de Servizos Sociais e Cultura e reducir as listas de agarda. Na xuntanza tamén se acordou apostar pola mellora do regulamento de Emerxencia Social e converter a Ponteareas unha vila sen cortes de electricidade, auga e subministros básicos.

A cuarta xuntanza celébrase na sede de Esquerda Unida (Rúa Amado Garra, 12) o sábado 25 de febreiro ás 10h co gallo de acordar o programa de goberno nas áreas de feminismo, educación e dereitos LGTBI. A número dous da lista, Patricia Pardo, declara que “As propostas en materia de feminsimo son fundamentais para construír un programa de goberno que loite por erradicar a situación de desigualdade que seguimos sufrindo as mulleres e que o actual goberno parece ter esquecido.

Este xeito de abrir o debate a calquera persoa do pobo que queira colaborar na elaboración do programa electoral, alén da súa militancia e simpatizantes, responde a ideoloxía social e colaborativa dos dous partidos, que queren que os seu programa sexa cen por cen transparente, escoite á cidadanía e presente solucións tanxibles e reais os problemas da vila, deixando de lado os panfletos cheos de promesas baleiras que soamente serven para facer campaña con fins populistas.

Dende o espazo político que forman Esquerda Unida e Podemos en Ponteareas recalcan a importancia das políticas en materia educativa desde o eido municipal, o candidato á alcaldía, Manoel Ucha destaca que “O noso espazo político aposta pola educación pública e temos claro que dende o concello debemos crear proxectos que consoliden a defensa dos dereitos educativos para toda a cidadanía. Imos colocar a experiencia profesional como docentes ao servizo da cidadanía. É moi bonito contar con tres docentes do ensino público nos seis primeiros postos da lista, con iso queda claro cales son as nosas prioridades”.

Noticias relacionadas co ámbito de Esquerda Unida de Ponteareas